Marjo Voutilainen, nada en Kuopio o 22 de marzo de 1981, é unha ex xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo que xogaba como dianteira. Logo de deixar a práctica do hóckey iniciou a súa carreira como adestradora, primeiro en KalPa dende o 5 de maio de 2022 en Ilves, ambos na Naisten Liiga, a máxima competición do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia.

Voutilainen representou o club no que se formou, KalPa na SM-sarja entre 1995 e 1997, na 1. divisioona na tempada 1997–98, e de novo na SM-sarja entre 1998 e 2001. Continuou a súa carreira na máxima categoría nas filas do Itä-Helsingin Kiekko (IHK) entre 2001 e 2004, e en Espoo Blues dende 2004 a 2008. Cos Blues gañou o campionato finlandés en tres ocasións: 2005, 2007 e 2008. . Durante a tempada 2008–09 xogou no SKIF Nizhny Novgorod da liga rusa, e marcou o gol decisivo para que o equipo gañara a Copa de Europa fronte a Espoo Blues. Volveu aos Blues na tempada 2009–10, e a KalPa entre 2010 e 2014, para finalmente unirse a JYP en 2014 ata a súa retirada en 2016. Na tempada 2016-17 comezou como adestradora de KalPa.

Voutilainen xogou un total de 367 partidos de liga regular na SM-sarja nos que sumou 176 goles e 279 asistencias. Nos play-offs disputou 82 partidos nos que anotou 23 goles e repartiu 49 asistencias.

Voutilainen xogou os seus primeiros partidos internacionais A na tempada 1996–97. Foi membro da selección finlandesa, que finalizou na cuarta posición no Campionato do Mundo de 2001 celebrado en Minneapolis e nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 celebrados en Salt Lake City. A seguinte vez que xogou un campionato internacional co seu país foi no Campionato do Mundo de 2008 disputado en Harbin e no que Finlandia gañou o bronce. Tamén foi membro dos equipos que gañaron o bronce no Campionato do Mundo de 2009 en Hämeenlinna e nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 celebrados en Vancouver. Do mesmo xeito, formou parte do combinado finlandés que finalizou na cuarta posición o Campionato do Mundo de 2013 en Ottawa. A derradeira vez que xogou un partido internacional foi na tempada 2013–14.

Voutilainen xogou un total des 145 partidos internacionais nos que marcou 20 goles e sumou 48 asistencias. Nos Xogos Olímpicos sumou un gol e unha asistencia en dez encontros disputados. Nos Campionatos do Mundo marcou dous goles e deu cinco asistencias nos 21 partidos que xogou.

Notas

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Kuopio Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos de Finlandia Categoría:Xogadoras de KalPa Naiset Categoría:Xogadoras do IHK Categoría:Xogadoras de Espoo Blues Naiset Categoría:Xogadoras de JYP Naiset Categoría:Adestradoras e adestradores de KalPa Naiset Categoría:Adestradoras e adestradores do Ilves Naiset Categoría:Gañadoras e gañadores do Trofeo Hannu Saintula