Mari Susanna Saarinen, nada o 30 de xullo de 1981 en Kangasala) é unha ex xogadora de hóckey sobre xeo e adestradora finlandesa.
Saarinen xogaba na posición de atacante e desenvolveu toda a súa carreira en Ilvees. Aínda que finalizou a súa carreira en 2012, regresou ao equipo ao final da tempada 2014-15 mentres desempeñaba o papel de adestradora asistente do equipo de Tampere. Gañou o campionato finlandés con Ilves en dúas ocasións: 2006 e 2010. Ademais gañou seis pratas e cinco bronces. Ao longo da súa carreira disputou 315 partidos de liga regular na SM-sarja cun rexistro de 158 goles e 180 asistencias para un total de 338 puntos, mentres que nos play-offs disputou 100 partidos cun rexistro de 29 goles, 28 asistencias e 57 puntos.
Saarinen xogou nos Xogos Olímpicos de Inverno de Turín 2006 e Vancouver 2010, así como en seis Campionatos do Mundo. Conquistou o bronce nos Campionatos do Mundo de 2004, 2008 e 2009. En Vancouver 2010 conseguiu a medalla de bronce. Xogou máis de cen partidos coa selección finlandesa.
Na tmpada 2016–17 Saarinen exerceu como adestradora xefa de Ilves na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, a SM-sarja.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Kangasala Categoría:Xogadoras do Ilves Naiset Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos de Finlandia Categoría:Adestradoras e adestradores do Ilves Naiset