180px|miniatura|Micrografía electrónica que mostra filopodios esaxerados con forma de maza inducidos poLA formina mDia2 en células cultivadas. Estes filopodios están cheos de feixes de filamentos de actina que nacen e converxen nunha rede de lamelipodios.
Os filopodios (do latín filopodium) son delgadas proxeccións citoplasmáticas que se estenden alén do bordo frontal dos lamelipodios en células migrantes animais e tamén se observan en protistas. Dentro dos lamelipodios, as costelas de actina denomínanse microespiculas e cando se estenden máis alá dos lamelipodios, denomínanse filopodios. Conteñen microfilamentos da proteína actina que establecen enlaces cruzados formando feixes por medio de proteínas formadoras de feixes de actina, como a fascina e a fimbrina. Os filopodios forman adhesións focais co substrato, que os unen á superficie celular.Molecular Cell Biology Fifth Edition Lodish, Berk, Matsudaira, Kaiser, Krieger, Scott, Zipursky, Darnell. pg. 821, 823 2004 by W.H. Freeman and Company. Moitos tipos de células migrantes presentan filopodios, que se pensa que están implicados na percepción de pistas quimiotrópicas e nos cambios resultantes na locomoción dirixida.
A activación da familia Rho das GTPases, particularmente cdc42 e os seus intermediarios augas abaixo, ten como resultado a polimerización de fibras de actina por proteínas de homoloxía Ena/Vasp. Os factores de crecemento únense ás tirosina quinases receptoras o que ten como resultado a polimerización de filamentos de actina, que, cando establecen enlaces cruzados, constitúen os elementos de soporte citoesqueléticos dos filopodios. A actividade de Rho tamén orixina a activación por fosforilación das proteínas da familia ezrina-moesina-radixina que liga os filamentos de actina á membrana dos filopodios.
Os filopodios exercen un papel na percepción, migración e interacción célula-célula. Para que se cerre unha ferida en vertebrados, certos factores de crecemento estimulan a formación de filopodios en fibroblastos para dirixir a migración dos fibroblastos e pechar a ferida. Nas neuronas en desenvolvemento os filopodios esténdense desde o cono de crecemento no bordo dianteiro. En neuronas privadas de filopodios pola inhibición parcial da polimerización dos filamentos de actina, a extensión do cono de crecemento continúa como é normal, mais a dirección de crecemento está alterada e é moi irregular. Proxeccións similares a filopodios tamén foron ligadas á creación de dendritas cando se forman as novas sinapses no cerebro. En macrófagos os filopodios actúan como tentáculos fagocíticos, empurrando os obxectos unidos a eles cara á célula para fagocitalos.
Os filopodios tamén os usan as bacterias para moverse entre as células e así evadirse do sistema inmunitario do hóspede. As bacterias intracelulares Ehrlichia son transportadas entre células a través dos filopodios da célula hóspede inducidos polo patóxeno durante os estadios iniciais da infección.Thomas S, Popov VL, Walker DH (2010) Exit Mechanisms of the Intracellular Bacterium Ehrlichia" PLoS ONE 5(12) e15775. http://www.plosone.org/article/info:doi%2F10.1371%2Fjournal.pone.0015775 Os virus tamén son transportados ao longo dos filopodios cara ao corpo da célula, o que conduce á infección da célula. Tamén se describiu o transportre dirixido do factor de crecemento epidérmico (EGF) unido a receptor ao longo dos filopodios, o que apoia a proposta función de percepción que teñen os filopodios.
O coronavirus SARS-CoV-2 causante da COVID-19 orixina a formación de fiopodios nas células que infecta.
En protozoos En protozoos son comúns os pseudópodos filiformes (filopodios). Un exemplo son os coanozoos da clase Nucleariida, que son ameboides e con filopodios flexibles e adelgazados no extremo. En antigas clasificacións as amebas filosas eran as que presentaban pseudópodos estreitos e afiados (filopodios); actualmente a maioría están clasificadas como cercozoos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas MBInfo - Filopodia MBInfo - Ensamblaxe de filopodios
Categoría:Movemento celular Categoría:Citoesqueleto Categoría:Bioloxía celular