Konstantin Ustínovitch Chernenko (en ruso Константи́н Усти́нович Черне́нко; en ucraíno: Костянтин Устинович Черненко; romanizado: Konstantin Ustinovich Chernienko), nado en Bolshaya Tes no Krai de Krasnoyarsk, do Imperio ruso, o 24 de setembro de 1911 e finado en Moscova o 10 de marzo de 1985,Jessup (1998), p. 121 foi presidente do Soviet Supremo da URSS e secretario xeral do Partido Comunista desde 1984 até a súa morte o 10 de marzo de 1985, e xefe supremo do Buró Político. segundo posto máis alto da xerarquía soviética, desde 1971 até 1984, cando asumiu, en efecto, o posto máis alto do país.

Despois da súa morte, os países socialistas de Europa do Leste non superarían os cinco anos, e a Unión Soviética, de feito, sete.

A pesar do seu curto mandato, Chernenko conquistou un gran poder dentro do partido, sendo un segundo home, moi parecido a un vicepresidente, desde principios dos anos 70, baixo a dirección de Leonid Brezhnev, acompañándoo en numerosas viaxes ao estranxeiro e servindo como un conselleiro político durante a década de 1970 e principios dos anos 80, conseguindo as súas maiores fazañas mesmo antes de converterse en Secretario Xeral, o que fixo que a súa contribución á Unión Soviética e a Rusia durante os anos de Brezhnev fose máis eminente que durante o propio goberno.

Así, en 1982, despois da morte de Leonid Brezhnev, Chernenko perdeu a carreira para ser secretario xeral ante Iuri Andropov. Porén, graves problemas de saúde provocaron a morte de Andropov en 1984, polo que Chernenko sucedeuno como secretario xeral do PCUS, presidente do Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética (xefe de Estado) e presidente do Consello de Defensa. Dirixiu unha reforma educativa e diversos axustes na estrutura burocrática do Estado. En política exterior, negociou un pacto comercial con China. Despois de apenas un ano no poder, Chernenko, tamén padecendo graves problemas de saúde, morreu en marzo de 1985. Os seus restos están enterrados na necrópole do muro do Kremlin de Moscova.

Traxectoria Primeiros anos Konstantin Chernenko naceu nunha familia pobre de campesiños, orixinaria da cidade siberiana de Bolshaya Tes (actualmente no distrito de Novosiolovsky no ikrai de Krasnoiarsk), o 24 de setembro de 1911. O seu pai, Ustin Demidovich Chernenko, era de orixe ucraína, e traballaba nas minas de ouro e cobre mentres que a súa nai se ocupaba dos traballos agrícolas axudada por Konstantin.

Inicios políticos esquerda|miniatura|Carné do PCUS, de Chernenko tralo seu ascenso ao Comité Central da Unión Soviética. Chernenko uniuse ao Komsomol (a Liga dos Mozos Comunistas) en 1926 e poucos anos despois, en 1931, converteuse en membro de pleno dereito do Partido Comunista. De 1930 a 1933, serviu na garda de fronteiras soviética na fronteira chinesa e, despois de completar o seu servizo militar, volveu a Krasnoiarsk como propagandista do réxime de Stalin, principalmente no apoio á política de eliminación dos gulags. En 1933, traballou no Departamento de axitación e propaganda do Comité Central do Partido en Novosiolovsky. Poucos anos despois, foi ascendido a xefe do mesmo departamento en Uyarsk Raykom.

Chernenko ascendeu nas filas do partido, chegando a ser director do partido en Krasnoiarsk, antes de ser nomeado xefe adxunto do Departamento de propaganda do Comité Central del PCUS en 1939. A principios da década de 1940, comezou unha estreita relación con Fyodor Kulakov, e foi nomeado secretario do Comité Territorial para a Propaganda do Partido.Hough (1997), p. 67 En 1945, obtivo un diploma nunha escola de formación do partido en Moscova, e despois completou un curso a distancia para profesores en 1953, e traballou durante ese ano no Instituto Pedagóxico de Chisinau.

Ascenso político O primeiro gran cargo na carreira de Chernenko chegou ao ser nomeado en 1948 para dirixir o departamento de propaganda do partido na República Socialista Soviética de Moldova, onde estivo até 1956. Durante este período, coñeceu a Leonid Brezhnev que foi o primeiro secretario do partido local entre 1950 e 1952. Fixéronse grandes amigos e Chernenko seguiu a Brezhnev en 1956, para ocupar un posto semellante de xefe de propaganda e axitación no Comité Central do PCUS, en Moscova. En 1960, despois de que Brezhnev fose nomeado presidente do Presidium do Soviet Supremo, Chernenko converteuse no seu xefe de gabinete.

Cando, en 1964, o líder soviético Nikita Khrushchev foi deposto e Brezhnev sucedeuno como líder do partido, a carreira de Chernenko subiu ao primeiro plano. Foi nomeado xefe do Departamento Xeral do Comité Central en 1965, e recibiu o mandato de fixar a axenda do Politburó, así como de preparar borradores de numerosos decretos e resolucións do Comité Central. Tamén supervisaba as escoitas telefónicas e os dispositivos de escoita encubertos en varias oficinas dos principais membros do Partido. Outro dos seus traballos foi asinar diariamente centos de documentos do Partido, traballo que fixo durante os seguintes 20 anos. Mesmo despois de ser secretario xeral do Partido, continuou asinando papeis referidos ao Departamento Xeral (cando xa non podía asinar fisicamente documentos e, no seu lugar, utilizaba un facsímile).esquerda|miniatura|Chernenko (sentado na segunda fila á esquerda) durante unha visita de Ceaucescu á URSS polo 60 aniversario desta en 1982.En 1971, Chernenko foi ascendido a membro de pleno dereito do Comité Central do Partido; supervisou o traballo do partido no buró de Cartas e ocupouse da correspondencia. En 1976, foi elixido secretario da Oficina de Cartas. En 1977, foi candidato a entrar no Politburó, e conseguiuno en 1978, converténdose en membro de pleno dereito, acadando o segundo posto de maior rango (despois do secretario xeral) na xerarquía do Partido. Durante os derradeiros anos de Brezhnev, Chernenko traballou plenamente na ideoloxía do Partido: encabezou delegacións soviéticas no estranxeiro, acompañou a Brezhnev a importantes reunións e conferencias e foi membro da comisión que revisou a redacción da Constitución soviética de 1977. En 1979, participou nos Acordos SALT, sobre limitacións de armas estratéxicas, celebrados en Viena.

Trala morte de Mikhail Suslov, en 1982, Chernenko era o principal ideólogo do partido e despois da morte de Brezhnev en novembro de 1982, especulouse con que o posto de secretario xeral sería ocupado por Chernenko. Porén, non conseguiu o apoio suficiente para a súa candidatura dentro do Partido e, finalmente, o director da KGB, Iuri Andropov, asumiu o relevo como sucesor de Brezhnev. Líder da Unión Soviética Mais a mala saúde de Andropov provocou a súa morte en 1984. Malia que este preferira como sucesor a Gorbachev fronte a Chernenko por, entre outros motivos, padecer tamén unha enfermidade terminal, ao contar co apoio dos partidarios de Brezhnev, Chernenko foi nomeado secretario xeral da URSS, presidente do Presidium e líder do Consello de Defensa.

No momento do seu ascenso ao primeiro posto do país, Chernenko era visto principalmente como un líder de transición que podía dar tempo á "Vella Garda" do Politburó para escoller un candidato aceptable da seguinte xeración de liderado soviético. Mentres tanto, viuse obrigado a gobernar o país como parte dun triunvirato xunto ao ministro de Defensa, Dmitriy Ustinov e o ministro de Asuntos Exteriores, Andrei Gromyko. Isto converteuse nun problema crecente xa que a enfermidade de Chernenko levouno a perderse as reunións con cada vez maior frecuencia, Por outra banda, Yegor Ligachov escribiu nas súas memorias que Chernenko fora elixido Secretario Xeral sen obxeccións. Na sesión do Comité Central do 13 de febreiro de 1984, catro días despois da morte de Andrópov, o presidente do Consello de Ministros, Nikolai Tikhonov, nomeara a Chernenko como secretario xeral, e o Comité votou por el.

No funeral de Andropov, Chernenko estaba moi deteriorado e apenas puido ler o panexírico e rematou o seu discurso entre tose e náuseas. Os presentes esforzáronse por comprender o significado do que estaba a dicir pois falaba rapidamente, tragaba palabras, non paraba de tusir e detivérase varias veces para limpar os beizos e a testa. Subiu ao Mausoleo de Lenin por unha escaleira mecánica recentemente instalada e baixara coa axuda de dous gardacostas.

Chernenko representou un retorno ás políticas de finais da era Brezhnev. Con todo, apoiou un maior papel dos sindicatos, e a reforma da educación e da propaganda. O único cambio de persoal que fixo Chernenko foi a destitución do xefe do Estado Maior, o mariscal Nikolai Ogarkov quen foi substituído polo mariscal Sergey Akhromeyev.

En política exterior, negociou un pacto comercial coa China. Malia os chamamentos á distensión, Chernenko fixo pouco para evitar a escalada da Guerra Fría cos Estados Unidos. Por exemplo, en 1984, a Unión Soviética impediu unha visita a Alemaña Occidental do líder da Alemaña Oriental, Erich Honecker. Porén, a finais do outono de 1984, os EUA e a Unión Soviética acordaron retomar as conversacións sobre o control de armas a principios de 1985 e, en novembro de 1984, realizou unha viaxe a Gran Bretaña e Chernenko reuniuse co líder do Partido Laborista británico, Neil Kinnock.

En 1980, os Estados Unidos lideraron un boicot internacional aos Xogos Olímpicos de verán celebrados en Moscova en protesta pola invasión soviética de Afganistán. E dado que os seguintes Xogos Olímpicos de verán de 1984 tiñan lugar nos Ánxeles, California, o 8 de maio de 1984, baixo o liderado de Chernenko, a URSS anunciou a súa intención de non participar nos Xogos, alegando "preocupacións de seguridade e sentimentos machistas e unha histeria antisoviética que se axitaban nos Estados Unidos". Ao boicot uníronse 14 países satélites e aliados do Bloque do Leste, incluídos Cuba (pero non Romanía). A acción foi amplamente vista como unha vinganza polo boicot liderado por Estados Unidos aos Xogos de Moscova. Os países boicoteadores organizaron os seus propios " Xogos da Amizade " no verán de 1984.

Antes da súa morte, Chernenko asinou documentos preliminares que indican que o 9 de maio de 1985, o día do 40º Desfile do Día da Vitoria, a cidade de Volgogrado pasaría a chamarse Stalingrado. Na súa carta á filla de Stalin, Svetlana Alliluyeva, escribiu sobre "a próxima restauración da xustiza en relación coa memoria e a herdanza de IV Stalin", que presumiblemente se refería á rehabilitación política de Stalin. Malia a aparente limitación do cargo, a maioría dos obxectivos políticos de Chernenko xa foran acadados durante a vasta administración de Brezhnev, polo que os principais logros de Chernenko no poder buscaron cubrir o que o limitaba cando aínda era subordinado de Brezhnev; entre outros asuntos, destacan as reformas educativas. e a estruturación burocrática do Estado, pero principalmente cuestións diplomáticas (as distensións de Brezhnev), que acabou continuando Chernenko.

Nunha viaxe a España, despois de que Chernenko baixase do avión, interpretouse a marcha presidencial estadounidense "Hail to the Chief" en lugar da marcha soviética "Da Zdravstvuiet Nasha Derzhava", que teñen comezos moi similares. O feito casualmente produciu un achegamento entre os Estados Unidos de América e a Unión Soviética propiciando un encontro entre o membro do Politburo Volodímir Scherbitski e o Presidente Ronald Reagan.http://historia.abril.com.br/guerra/kbg-capa-guerra-fria-suja-518169.shtml Guerra Fria e Suxa http://www.gordon.com.ua/images/doc/scherbic-3-0336c.jpg Fotografia - Scherbitski e Reagan encóntranse en Washington, 1984

Problemas de saúde e morte