Laura Sáez Fernández, nada en Pontevedra en 1979, é unha tradutora e editora galega.
Traxectoria É licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Foi lectora de galego na Universidade de Oxford. Fixo un mestrado de Edición na Universidade de Santiago de Compostela.
Na súa faceta de editora, Sáez é a responsable da editorial Patasdepeixe,Lapela "Nosoutras", patasdepeixe.eu. mentres que como tradutora verteu o galego soados títulos da literatura infantil e xuvenil e do álbum ilustrado, tales como dous números de Harry Potter ou O Grúfalo. Traduce principalmente dende o inglés.
En 2004 acadou o Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo.
Obra Mago por correspondencia (Xerais, 2003) A voda (Xerais, 2007) Tarzán de goma (Xerais, 2007) Harry Potter e a Orde do Fénix (Galaxia, 2008) Harry Potter e as reliquias da morte (Galaxia, 2008) A vaca que puxo un ovo (Patasdepeixe, 2009) A Electra acáelle o loito (Galaxia, 2009) O incrible neno devorador de libros (Patasdepeixe, 2009) Manual de práctica teatral feminista (Galaxia, 2009) O camaleón azul (Xerais, 2010) Perdido? (Patasdepeixe, 2010) O gran libro dos medos do rato pequeno (Patasdepeixe, 2010) O libro dos opostos: primeiras palabras para pícaras e pícaros (Patasdepeixe, 2012) O grúfalo (Patasdepeixe, 2013) A filla do Grúfalo (Patasdepeixe, 2014) A meniña de libros (Patasdepeixe, 2016) A insignia vermella do valor (BIVIR) Maggie, unha muller da vida (BIVIR)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista, Biosbardia, novembro de 2016.
Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo