José Flórez López, nado en 1881 e finado en Becerreá o 12 de febreiro de 1944, foi un político galego.
Traxectoria Durante a Segunda República foi concelleiro de Becerreá e primeiro tenente alcalde en 1933.BOP Lugo, 23-1-1933, p. 1-2. Foi nomeado axente executivo do Concello de Becerreá en marzo de 1934,BOP Lugo, 4-4-1934, p. 3. e recadador auxiliar en maio.BOP Lugo, 3-5-1934, p. 2. Foi nomeado depositario de fondos interino do Concello de Becerreá en abril de 1934.BOP Lugo, 12-1-1935, p. 3. Militante de Falange. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Becerreá. Permaneceu no cargo ata finais dese ano de 1936. Finou en Becerreá o 12 de febreiro de 1944 con 62 anos.Necrolóxica en El Progreso, 13-2-1944, p. 3.
Notas
Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Becerreá Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición
Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1944