Te Taka Adrian Gregory Keegan é un académico de Nova Zelandia e revitalizador da lingua maorí. É descendente dos iwi Waikato-Maniapoto, Ngāti Apakura, Te Whānau-ā-Karuai ki Ngāti Porou e Ngāti Whakaaue.

Traxectoria Cunha formación en enxeñería de hardware, Keegan volveu á Universidade de Waikato para cursar un mestrado en navegación tradicional maorí. Despois involucrouse no departamento de informática e converteuse no primeiro en ensinar informática en inmersión maorí. Realizou o seu doutoramento titulado Indigenous Language Usage in a Digital Library: He Hautoa Kia Ora Tonu Ai, baseado no traballo co New Zealand Digital Library, un proxecto de investigación dirixido por Ian H. Witten. O seu perfil académico pódese atopar no sitio web da Universidade de Waikato.

Keegan liderou o equipo que traduciu Microsoft Windows XP e Microsoft Office 2003 á lingua maorí e consultou co equipo que traduciu Office 2013 e Windows 8. The former involved coining many new terms, which have since been incorporated into A Dictionary of Māori Computer related terms.A Dictionary of Māori Computer related terms. English – Māori Consultado o 19 de setembro de 2022 Tamén estivo implicado en SwiftKey tendo o maorí como lingua posible.

Logo de pasar un ano sabático en Google, Keegan foi a forza motriz detrás de Google Maori. Tamén é un dos administradores de Tūhono, unha base de datos que vincula a individuos maorís cos seus iwi."Tūhono Trust ," www.tuhono.net. Consultado o 15 de agosto de 2021.

Galardóns En 2017, o Primeiro ministro de Nova Zelandia Bill English entregou a Keegan o premio de ensino máis prestixioso do país, o Prime Minister's Supreme Award, en recoñecemento ao compromiso sostido de Keegan co ensino e a aprendizaxe.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Universidade de Waikato

Categoría:Lingüistas indíxenas Categoría:Alumnos da Universidade de Waikato