Baldur Brönnimann, nado en 1968 en Basilea é un director de orquestra suízo.

Traxectoria Brönnimann estudou na Musik-Akademie der Stadt Basel, na súa cidade natal, e foi un compañeiro júnior de dirección no Royal Northern College of Music de Manchester. De 2008 a 2012, Brönniman foi o director musical da Orquestra Sinfónica Nacional de Colombia, e de 2011 a 2015, foi director artístico do BIT20 Ensemble de Noruega. Brönnimann foi director titular da Orquestra Sinfónica do Porto Casa da Música de 2015 a 2020. Brönnimann converteuse no primeiro director principal da Basel Sinfonietta en 2016 até a tempada 2022-2023. En setembro de 2022 dirixiu a Real Filharmonía de Galicia participando no proxecto Sensoxenoma 2022.

Brönnimann dirixiu a música de compositores contemporáneos como Harrison Birtwistle, Unsuk Chin, Thomas Adès, John Adams, Kaija Saariaho, Helmut Lachenmann e Magnus Lindberg. Brönnimann fixo o seu debut operístico coa English National Opera (ENO) en 2008 con Lost Highway de Olga Neuwirth . Volveu a ENO para as producións de The Death of Klinghoffer de John Adams (dirección de Tom Morris ) e a produción de La Fura dels Baus de Le Grand Macabre de Ligeti, obra que tamén dirixiu no Teatro Colón de Buenos Aires, Arxentina, e en Komische Oper Berlin no revival de Barrie Kosky en 2013.

Brönniman realizou varias gravacións comerciais, entre elas unha gravación de obras de Pascal Dusapin, coa Orquestra Sinfónica do Porto Casa da Música e o Remix Ensemble, e un disco de concertos de György Ligeti e o seu Melodien, co BIT20 Ensemble.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Intermusica agency page. Baldur Brönnimann Orquestra Sinfónica do Porto Casa da Música; páxina de Baldur Brönnimann Kammerphilharmonie; páxina de Baldur Brönnimann https://www.mundoclasico.com/articulo/31687/Entrevista-con-Baldur-Br Entrevista por Paco Yáñez en el diario internacional Mundoclasico, parte I. https://www.mundoclasico.com/articulo/31688/Entrevista-con-Baldur-Br%C3%B6nnimann-2-Casa-da-M%C3%BAsica-es-un-sitio-muy-bueno-para-trabajar Entrevista por Paco Yáñez en el diario internacional Mundoclasico, parte II. https://www.mundoclasico.com/articulo/31693/Entrevista-con-Baldur-Br%C3%B6nnimann-3-Soy-un-m%C3%BAsico-de-hoy-y-desde-ese-concepto-miro-hacia-atr%C3%A1s Entrevista por Paco Yáñez en el diario internacional Mundoclasico, parte III.

Categoría:Directores de orquestra de Suíza Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Basilea