Heinz Hoyer, nado en Elxleben, provincia de Dobrich, o 10 de xaneiro de 1953, é un escultor, deseñador e gravador de medallas, moedas alemán.
Traxectoria
Heinz Hoyer cursou estudos superiores de Escultura na Academia de Arte Weißensee de Berlín, entre 1970 e 1975."Heinz Hoyer". Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst. Alí coñeceu a artista búlgara Sneschana Russewa, estudante de Deseño Gráfico, con quen casou 1976.
A partir de 1977, Hoyer traballou como artista independente entre Bulgaria e Berlín, e en 1980 a parella instalouse definitivamente na República Democrática Alemá, onde Heinz comezou a traballar como deseñador de selos e moedas, ás veces en común coa súa muller e noutras ocasións de xeito independente. A partir de 1983, Heinz Hoyer comezou a impartir docencia na Academia Weißensee.Steguweit, W. (2014).
Entre 1983 e 1990, Heinz Hoyer deseñou 13 moedas conmemorativas da RDA, 12 delas xunto a súa muller Sneschana. Logo da reunificación alemá, Hoyer continuou a encargarse do deseño dalgunhas moedas conemmorativas da nova Alemaña unificada e, logomda creación da Eurozona, o matrimonio Hoyer foi elixido tamén polo Bundesbank para deseñar o anverso nacional das moedas alemás do euro con valores de un e de dous euros, que comezaron a emitirse en 2002. Igualmente, de xeito individual, Heinze Hoyer encargouse do deseño dunha boa cantidade de moedas conmemorativas do sistema do euro.Serie de moedas deseñadas por Heinz Hoyer. Numista.com
Escolma de obras
Selos
Moedas
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Steguweit, W. (2014). "Zeitgenössische Künstler in ihrem numismatischen und philatelistischen Umfeld. 3.Sneschana Russewa-Hoyer und Heinz Hoyer". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 63. Marzo.
Outros artigos
Lista de deseñadores de moedas de euro
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Turinxia Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades da filatelia