Kungsbacka é un concello sueco (kommun) do condado de Halland. Pertence á área metropolitana de Gotemburgo e é membro da asociación municipal da rexión de Gotemburgo. A súa capital é a localidade de Kungsbacka. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 85 792 habitantes.

O concello atópase ao longo da costa do Kattegat e a súa natureza é moi diversa. A principios da década de 2020 a actividade económica local estaba dominada polo sector público.

Xeografía O concello está no norte do landskap de Halland. Limita ao sur co concello de Varberg no condado de Halland, ao oeste co Kattegatt, ao norte cos concellos de Gotemburgo e Mölndal, e ao leste co de Mark no condado de Västra Götaland. En dirección nordés-suroeste flúe o río Kungsbackaån, que desemboca no fiorde de Kungsbacka, e un pouco máis ao sur desemboca o río Rolfsån.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Halland