Lessebo é un municipio sueco (kommun) do condado de Kronoberg. A súa capital é Lessebo, pero Hovmantorp é a área urbana máis grande do municipio. A estrada nacional 25 entre Kalmar e Växjö atravesa Lessebo. En xuño do ano 2022 a poboación do concello era de 8 554 habitantes.

O concello atópase no leste do condado e limita ao sur co municipio de Tingsryd, ao oeste co de Växsjö, e ao norte co de Uppvidinge, os tres en Kronoberg, e tamén cos municipios de Emmaboda e Nybro ao leste, os dous no condado de Kalmar.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Kronoberg