miniatura|Parche da misión CBERS-1. CBERS (China Brazil Earth Resources Satellite) ou ZY (Ziyuan) é unha serie de satélites artificiais civís colaboración entre China e Brasil.

Características Os satélites CBERS son satélites deseñados para a observación terrestre na busca e documentación de recursos e o estudo e observación do medio ambiente. Son operados polo CRESDA chinés e o INPE brasileiro. Os satélites usan o bus Phoenix-Eye-1 e levan a bordo cámaras gran angular e de alta resolución e sensores infravermellos. Usan dous módulos: un módulo de carga útil cos sensores e cámaras e o módulo de servizo, cos equipos de enerxía, control e comunicacións. Os satélites CBERS inxéctanse na órbita heliosincrónica, a alturas duns 770 km.

Lanzáronse seis satélites CBERS entre 1999 e 2019, cun fallo, e todos a bordo de lanzadores CZ-4B chineses.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasCBERS 114 de outubro de 1999CZ-4BÉxitoCBERS 221 de outubro de 2003CZ-4BÉxitoCBERS 2B19 de setembro de 2007CZ-4BÉxitoCBERS 39 de decembro de 2013CZ-4BFalloCBERS 47 de decembro de 2014CZ-4BÉxitoCBERS 4A20 de decembro de 2019CZ-4BÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos CZ-4B

Categoría:Satélites artificiais