miniatura|O Ziyuan-1 1 (CBERS-1). Ziyuan, abreviado como ZY, é unha familia de satélites de observación terestre da República Popular da China agrupados en diferentes series e capacidades.

Características Os satélites Ziyuan teñen en común ser satélites meteorolóxicos ao servizo de China e nalgúns casos con colaboración internacional. Lánzanse á órbita baixa terrestre, aínda que con diferentes sensores e capacidades.

Ziyuan-1 1, 2 e 2B Construídos conxuntamente con Brasil, son tamén coñecidos como CBERS (China Brazil Earth Resources Satellite). Foron lanzados entre 1999 e 2007 mediante foguetes CZ-4B.

Ziyuan-1 2C O Ziyuan-1 2C foi construído por CAST, ten unha masa de 2100 kg. Lanzado o 22 de decembro de 2011 mediante un CZ-4B a unha órbita duns 770 km de altura, o satélite é similar a CBERS 2B pero só con instrumentación chinesa. O seu obxectivo principal é obter imaxes pancromáticas e multiespectrais de alta resolución da superficie terrestre para buscar recursos naturais e monitorizar desastres, bosques e biomas. Leva a bordo dous instrumentos principais: a cámara PMS (Panchromatic/Multispectral), desenvolvida polo BISME (Beijing Institute of Space Mechanics & Electricity) con ata 5 me de resolución; e a cámara HRC (High-Resolution Panchromatic Camera), que produce imaxes pancromáticas en bandas de 57 km cunha resolución de 2,36 m.

Ziyuan-1 2D Lanzado o 12 de setembro de 2019 mediante un CZ-4B, o Ziyuan-1 2D é similar ao 2C, pero con mellores cámaras, entre elas unha para obter imaxes en nove bandas do infravermello próximo cunha resolución de 5 m e bandas de 115 km de ancho, e outra hiperespectral para 166 bandas para obter imaxes cunha gran cantidade de datos para a detección de minerais.

Ziyuan-1 2E Semellante a Ziyuan-1 2D, tamén leva cámaras para o infravermello e outra hiperespectral, ademais dunha nova cámara para o infravermello en lonxitudes de onda máis longas. para é similar ao 2C, pero con mellores cámaras, entre elas unha para obter imaxes en nove bandas do infravermello próximo cunha resolución de 5 m e bandas de 115 km de ancho, e outra para 166 bandas para obter imaxes cunha gran cantidade de datos para a detección de minerais. Foi lanzado o 26 de decembro de 2021 mediante un foguete CZ-4C.

Ziyuan-2 1, 2, e 3 A seguinte xeración de satélites Ziyuan está formada por tres unidades lanzadas entre 2000 e 2004 usando CZ-4B e tamén se coñecen como Jianbing-3. Usan cámaras CCD con resolucións de 2 m ou inferior e un escáner multiespectral no infravermello cunha resolución de varias decenas de metros a 1 km.

Ziyuan-3 1, 2, 3 e 4 Os catro satélites Ziyuan-3 foron lanzados entre 2012 e 2025 con vectores CZ-4B. Teñen capacidade estereoscópica con resolución de ata 2,1 m e unha cámara multiespectral para o estudo da vexetación e a contorna ambiental cunha resolución de 5,8 m.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasZiyuan-1 114 de outubro de 1999CZ-4BÉxitoZiyuan-2 11 de setembro de 2000CZ-4BÉxitoZiyuan-2 227 de outubro de 2002CZ-4BÉxitoZiyuan-1 221 de outubr de 2003CZ-4BÉxitoZiyuan-2 36 de novembro de 2004CZ-4BÉxitoZiyuan-1 319 de setembro de 2007CZ-4BÉxitoZiyuan-1 2C22 de decembro de 2011CZ-4BÉxitoZiyuan-3 19 de xaneiro de 2012CZ-4BÉxitoZiyuan-3 230 de maio de 2016CZ-4BÉxitoZiyuan-1 2D12 de setembro de 2019CZ-4BÉxitoZiyuan-3 325 de xullo de 2020CZ-4BÉxitoZiyuan-1 2D26 de decembro de 2021CZ-4CÉxitoZiyuan-3 416 de decembro de 2025CZ-4BÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos CZ-4B CZ-4C

Categoría:Satélites artificiais