Aloísio Pires Alves, coñecido simplemente como Aloísio, nado en Pelotas o 16 de agosto de 1963, é un exfutbolista brasileiro.

Histórico central do Porto, militou nese club durante 11 tempadas, nas que gañou 19 títulos, entre eles sete ligas portuguesas. Con 474 partidos oficiais co Porto, é o terceiro futbolista con máis encontros historia do club, só por detrás dos seus compañeiros João Pinto e Vítor Baía. Antes de triunfar no Porto xogou no Inter de Porto Alegre, co que gañou tres Campionatos Gaúchos, e no FC Barcelona, co que se proclamou campión dunha Copa do Rei e dunha Recopa de Europa.

Traxectoria Nacido en Pelotas, no estado brasileiro de Río Grande do Sur, formouse como futbolista na canteira do Internacional, debutando co primeiro equipo en 1982. Co equipo de Porto Alegre gañou tres veces o Campionato Gaúcho e acadou o cuadrangular final do Brasileirão de 1987, que gañou o Sport Recife. Ese mesmo ano gañou a Bola de Prata como un dos catro mellores defensas do Brasil, xunto a Luiz Carlos Winck, Luizinho e Mazinho.

En 1988 mudouse a España, onde fichou polo FC Barcelona. Nos seus dous anos en Cataluña, disputou 68 partidos oficiais, case todos como titular e gañou unha Recopa de Europa e unha Copa do Rei, saíndo de inicio en ambas finais, contra a Sampdoria e o Real Madrid respectivamente.

En 1990 fichou polo FC Porto de Portugal, club no que militou durante os seguintes 11 anos, ata a súa retirada. Titular indiscutible no equipo portuense, gañou 19 títulos, entre eles sete ligas portuguesas, cinco delas consecutivas entre 1995 e 1999, sendo un dos únicos cinco futbolistas do club en gañar cinco ligas seguidas. Retirouse do fútbol en xuño de 2001, con case 38 anos de idade, e como o segundo futbolista con máis partidos na historia do Porto, só por detrás do seu compañeiro João Pinto. Na actualidade ocupa a terceira posición, despois de ser superado tamén por Vítor Baía.

Trala súa retirada comezou a traballar como adestrador no propio Porto, nas funcións de axudante de José Mourinho na tempada 2003/04, gañando a Primeira Liga e a Liga de Campións. Na seguinte tempada foi asistente do español Víctor Fernández, antes de facerse cargo como adestrador principal do equipo filial na terceira división.

Selección brasileira En 1988 foi seis veces internacional coa selección brasileira, coa que debutou nun partido amigable ante Australia. Ese mesmo ano representou ao Brasil nos Xogos Olímpicos de Seúl, conseguindo a medalla de prata tras perder a final contra a Unión Soviética.

Palmarés Internacional Campionato Gaúcho (3): 1982, 1983, 1984.

Barcelona Copa do Rei (1): 1989/90. Recopa de Europa (1): 1988/89.

Porto Primeira División (7): 1991/92, 1992/93, 1994/95, 1995/96, 1996/97, 1997/98, 1998/99. Copa de Portugal (3): 1990/91, 1993/94, 1997/98, 1999/00, 2000/01. Supercopa de Portugal (3): 1990, 1991, 1993, 1994, 1996, 1998, 1999.

Selección brasileira sub-20 Copa do Mundo Xuvenil (1): 1983. Campionato Suramericano Xuvenil (1): 1983.

Selección brasileira Medalla de prata dos Xogos Olímpicos (1): 1988.

Individual Bola de Prata (1): 1987.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Datos do xogador no sitio web da FIFA . Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2015.

Categoría:Nados en Pelotas Categoría:Nados en 1963 Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sport Club Internacional Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do FC Porto Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Brasil Categoría:Futbolistas olímpicos do Brasil Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Adestradores de fútbol do Brasil