Chámase mester de xograría o conxunto da poesía —épica ou lírica— de carácter popular difundida durante a Idade Media polos xograres, que eran quen as cantaban ou recitaban para o recreo de nobres, reis e público en xeral.

A palabra xograr provén do latín jocularis, joculator, que significa 'bromista ou home de chanzas'. Pola súa banda, a palabra mester provén do vocábulo latino ministerium, que significa 'oficio'.

Había dous tipos: os xograres épicos: que recitaban poesía narrativa como os cantares de xesta, e os xograres líricos, que se dedicaban a cultivar a poesía sentimental e a difundir composicións poéticas como as cantigas. Do século X ao XIII eran máis numerosos os primeiros; a partir da segunda metade do século XIII dominan máis os líricos.

O verso xograresco caracterizábase polo seu anisosilabismo, é dicir, era un verso irregular que oscilaba entre as dez e as dezaseis sílabas. Ten rima asonante, máis xinxela para improvisar e lembrar fórmulas fraseolóxicas que, repetidas habitualmente, servían para encher versos mentres os xograres lembraban, como mostraron os estudos sobre os xograres eslavos. Este descoido diferenciou a este mester de xograría do chamado Mester de clerecía, caracterizado polo oposto; tal e como di o seu texto fundador, o chamado Libro de Alexandre :« Mester traio fermoso / non é de juglaría / mester é sen pecado, ca é de clerecía / fablar curso rimado / pola cuaderna vía / a sílabas contadas, ca é grant mestría »miniatura|Miniatura duns xograres nas Cantigas de Afonso X de Castela.|centro Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Literatura medieval