miniatura|250px|Illa fronte á costa da península de Nushagak A península de Nushagak é unha península de 56 km de longo por 24 km de largo, e unha superficie de 210 000 ha, no Estado de Alasca.

Está situada ao oeste da península de Alasca.Roderick, Jack (1997): Crude Dreams: A Personal History of Oil & Politics in Alaska. Epicenter Press. ISBN 978-0-9453-9760-1, p.87.

Cunha grande área de lagos, lagoas e lagos de marea, a península contén o maior complexo de zonas húmidas do "Refuxio Nacional de Vida Silvestre de Togiak".U.S. Fish and Wildlife Service. Region 7 (1986). Togiak National Wildlife Refuge: Final Comprehensive Conservation Plan, Wilderness Review, and Environmental Impact Statement. U.S. Fish and Wildlife Service, Region 7. pp. 43.

Destaca pola súa gran poboación de gaivotas e pola presenza, cada vez menor, do pato Somateria fischeri.

Non hai presenza humana.Report of Investigations. U.S. Department of the Interior, Bureau of Mines. 1963. p. 23.

A península separa as baías de Bristol e de Nushagak.

O nome da península foille dado a causa da baía homónima en 1910, polo U.S. Coast and Geodetic Survey.

Xeografía As terras baixas da baía de Nushagak-Bristol comezan ao nivel do mar e elévanse até 170 m nas proximidades do Refuxio Nacional de Vida Silvestre de Togiak.

O desenvolvemento potencial da extracción de petróleo foi descrito en 1980.<ref>United States. Dept. of the Interior (1980). [https://books.google.es/books?id=Rr4wy7mz0bQC&pg=SL9-PA241&redir_esc=y#v=onepage&q&f=false Report for Alaska land withdrawals]: section 204(c) of FLPMA (P.L. 94-579). The Dept. p. 9.</ref>

Fauna A península, densamente poboada de gaivotas, é un lugar de anidación de Antigone canadensis, e observouse polo menos un niño de Haliaeetus leucocephalus (pigargo de cabeza branca). Outras especies de avifauna observadas son o ollodourado, o asubiador americano, a Melanitta americana'', o ollodourado de touca, o eider común, o eider de anteollos e moitas outras aves. O oso pardo e os alces frecuentan a zona. Osservouse un parto de beluga próximo á península. A península levaba máis de 100 anos carente de caribú até a súa reintrodución en 1988; comezando con 146 espécimes en 1988, o rabaño foi de 1 000 en 1993, preto de 1 400 en 1997-98 e diminuíu a 500-550 en 2007.

Notas

Categoría:Penínsulas de Norteamérica Categoría:Penínsulas ao Océano Pacífico