Kevin Ayers, nado en Henrey Bay o 16 de agosto de 1944 e finado o 18 de febreiro de 2013, foi un cantautor inglés activo no movemento musical psicodélico británico. Ayers foi un membro fundador da banda psicodélica Soft Machine a mediados dos 60, e estivo estreitamente asociado coa escena de Canterbury.
Gravou unha serie de álbums como artista en solitario e ao longo da súa carreira traballou con músicos como Brian Eno, Syd Barrett, Bridget St John, John Cale, Elton John, Robert Wyatt, Andy Summers, Mike Oldfield, Nico e Ollie Halsall, entre outros. Tras vivir varios anos en Deià, na illa de Mallorca, regresou ao Reino Unido a mediados dos 90 antes de mudarse ao sur de Francia.
O seu derradeiro álbum, The Unfairground, lanzouse no ano 2007. O xornalista musical Nick Kent escribiu: "Kevin Ayers e Syd Barrett foron as dúas persoas máis importantes na música pop británica. Todo o que chegou despois saíu deles".
Notas
Categoría:Nados en Kent, Inglaterra Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Guitarristas