Francisco Armero Peñaranda, nado o 3 de maio de 1804 en Fuentes de Andalucía (Sevilla) e finado en 1867, foi un mariño e político español.

Traxectoria Ingresou na carreira militar como guardiamarina. Tivo unha destacada participación na Primeira guerra carlista, na que se distinguiu no Sitio de Bilbao. En 1844 foi nomeado Ministro da Mariña, Gobernación e Comercio, cargo que, até 1847, ocupou ao mesmo tempo que o de Capitán xeneral de Madrid. Chegou a ser Presidente do Consello de Ministros entre 1857 e 1858 e foille concedido o título de Marqués del Nervión.

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de presidentes de España

Armero Peñaranda, Francisco Armero Peñaranda, Francisco Categoría:Nados en 1804