María de los Ángeles Fernández Abad, nada en Madrid o 30 de xullo de 1924 e finada na Cidade de México o 25 de marzo de 1994, coñecida como Angelines Fernández, foi unha actriz e comediante mexicana. É lembrada por interpretar o personaxe de Doña Clotilde, La Bruja del 71, na serie El Chavo del 8 (1973). Na súa mocidade foi guerrilleira e loitou xunto á República na guerra civil española. Tras a vitoria franquista, en 1947 decidiu emigrar a México, onde se converteu en actriz e obtivo a nacionalidade. Nos seus inicios no país participou no elenco de varias películas, entre elas El diario de mi madre (1958), Misterios de la magia negra (1958), El esqueleto de la señora Morales (1960), El padrecito (1964), Corona de lágrimas (1968) e El profe (1971). Con todo, logrou o éxito internacional cando comezou a traballar con Roberto Gómez Bolaños na serie de televisión El Chavo del 8, en que apareceu por primeira vez en 1972. Tamén participou noutras producións de Bolaños, como El Chapulín Colorado e Chespirito.

Traxectoria María de los Ángeles Fernández Abad naceu o 30 de xullo de 1924 en Madrid, filla de José Fernández e Manuela Abad.

A súa mocidade transcorreu durante a Segunda República española, polo que se uniu ás guerrillas antifascistas e anarcosindicalistas que loitaban contra o fascismo do entón xeral Francisco Franco. Pelexou durante toda a guerra dende o bando republicano. Franco tomou o poder tras o fin da guerra civil española en 1939. Ao considerar que a súa vida estaba en perigo debido ao seu apoio ao maquis, emigrou a México en 1947.

Alí converteuse en actriz e traballou inicialmente en teleteatros, convidada polo seu compatriota Ángel Garasa, e na emisora de radio XEW. Traballou en filmes xunto a artistas destacados de México como Cantinflas e Arturo de Córdova. Con todo, o seu papel máis importante foi o de Doña Clotilde, la Bruja del 71, a eterna namorada de Don Ramón, personaxe representado polo actor Ramón Valdés, na serie Chespirito desde 1971 e en El Chavo del 8 a partir de 1973. Ese papel obtívoo xustamente grazas ao seu amigo, quen a presentou a Chespirito. Fernández traballou durante 20 anos con Chespirito, de 1971 a 1991.

Vida persoal e morte Fernández tivo unha filla chamada Paloma Fernández.

O 25 de marzo de 1994 Fernández faleceu aos 69 anos na Cidade de México. As causas da morte incluíron trastornos do ritmo cardíaco, insuficiencia respiratoria aguda e insuficiencia renal crónica. Na súa acta de defunción consta que a súa única nacionalidade era mexicana, polo que probabelmente perdera a nacionalidade española. Foi sepultada nunha cripta do cemiterio Mausoleos del Ángel, na Cidade de México.

Filmografía Programas de televisión 1971-1973, 1980-1991: Chespirito, como Doña Clotilde (en El Chavo del 8), e Doña Nachita (en "Los Caquitos"), ademais de varios personaxes. 1973-1980: El Chavo del 8, como Doña Clotilde, la Bruja del 71. 1973-1979: El Chapulín Colorado, varios personaxes. 1979-1980: La Chicharra, como Úrsula.

Películas 1955: Maternidad imposible. 1958: El águila negra contra los enmascarados de la muerte. 1958: El diario de mi madre, Leonor. 1958: Misterios de la magia negra, Laura. 1959: Mi niño, mi caballo y yo. 1960: El esqueleto de la señora Morales. 1963: Mi vida es una canción. 1964: El padrecito, Sara (irmá do padre Damián) 1966: Fuera de la ley 1967: Estrategia matrimonial. 1967: Un novio para dos hermanas. 1968: Corona de lágrimas, Mercedes Ancira. 1968: Despedida de casada. 1968: Esta noche si. 1969: Un Quijote sin mancha, Prudencia Pingarón. 1971: El cielo y tú, muller conservadora de igrexa. 1971: El profe, mamá de Martín. 1974: Tráiganlos vivos o muertos. 1975: El agente viajero. 1978: Oye Salomé! 1979: El Chanfle, caixeira dun supermercado e esposa de Paco. 1982: El Chanfle 2, secretaria do Club América e esposa de Paco. 1983: Don Ratón y Don Ratero, como empregada do "Kilos". 1985: Charrito, maquillista. 1990: Bella entre las flores, dona Perfecta de Rico. 1990: Dos judiciales en aprietos. 1990: Sor Batalla, Madre Superiora.

Telenovelas 1958: Cadenas de amor, como Irma 1959: Teresa, como Esmeralda 1960: Un amor en la sombra. 1960: El hombre de oro. 1960: Gabriela. 1961: La familia del 6. 1961: La telaraña. 1962: La herida del tiempo. 1962: La madrastra. 1964: La intrusa. 1964: Teatro del cuatro. 1965: Tú eres un extraño. 1966: La duquesa. 1966: Sonata de otoño. 1969: Encadenados. 1970: Rafael, como Juliana. 1974: Ha llegado una intrusa, como Marcela. 1978: Gotita de gente, como Patricia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Bruja, guerrillera y feminista: El día que “Doña Clotilde” combatió la dictadura de Franco en España.

Categoría:Nados en Madrid

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Humoristas de México Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Actores de México