Nilo Cea Rodríguez, nado en Melide en 1911 e finado no mesmo concello o 27 de outubro de 1992, foi un mestre, escritor e debuxante galego.

Traxectoria Fillo de Domingo Antonio Cea Costoya, mestre de Melide, e Leonor Rodríguez. Mestre de Furelos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi represaliado. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.BOE, 15-9-1942, p. 3618-3619. Cultivou a poesía e a prosa (contos de nenos e de escola e narracións costumistas) sempre en galego. Tamén foi debuxante, caricaturista e tallista en madeira. Finou en Melide o 27 de outubro de 1992.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-10-1992, p. 65. Obras

Entre as súas obras figuran os contos de escola A Escola, o escolante e máis os rapaces da aldea e Contos do Mariano (en prosa) e Contos recolleitos e contos discurridos postos en verso (poemas).

Recoñecementos

Unha rúa de Melide leva o seu nome.

Vida persoal

Casou con Matilde Concepción Sánchez Reboredo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Persoeiros das letras de Melide

Melide reivindica ao seu Castelao

Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes