Mytishchi (en ruso: Мытищи, pronúnciase [mɨtʲiɕɕi] ), é a quinta maior cidade (segundo o censo de 2002) do Óblast de Moscova, Rusia, situada ao nordeste da capital rusa, adxacente ao río Iauza e á estación de Yaroslavl.

A cidade é o centro administrativo do distrito de Mytishchinsky e tamén é o maior centro industrial (construción de máquinas e industria de armamento, en particular) e centro educativo da rexión.

Historia e arquitectura

Canalización Mytishchi é famosa polo seu acueduto, construído no século XVIII por orde de Catalina II de Rusia. Foi o primeiro sistema de abastecemento de auga construído en Rusia e estaba destinado a abastecer ao Kremlin de auga potable.

Deporte O Mytishchi Arena é un pavillón deportivo inaugurado en 2006 onde xoga o equipo de hóckey sobre xeo Atlant Moscow Oblast, pertencente á KHL, sede do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2007 xunto co Khodynka Arena.

Poboación 159.900 (censo de 2002), 154.068 (censo de 1989), 125.000 (censo de 1973), 60.000 (censo de 1939).

Cidades irmás

Chernigov, na Ucraína Nymburk, na República Checa Gabrovo, en Bulgaria Zhodino, Baránovichi, Barysaü e Smilovichi, en Belarús Panevėžys, en Lituania Płock, en Polonia

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Portal oficial Mapa da cidade

Categoría:Cidades de Rusia