Munkfors é un concello sueco no condado de Värmland. A súa capital é Munkfors. No mes de decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 3 625 habitantes, sendo o 8º máis pequeno de Suecia en termos de poboación.
Historia administrativa A área do concello correspóndese á da parroquia de Ransäter, onde coa reforma muncipal de 1862 formouse o concello rural de Ransäter.
A localidade municipal de Munkfors estableceuse o 9 de maio de 1941 e disolveuse co combio de ano 1948/1949 cando se formou o köping de Munkfors a través da transformación do concello rural.
A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona.
O actual concello de Munkfors naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización do köping de Munkfors.
Xeografía O concello de Munkfors atópase no centro do condado de Värmland e limita ao norte e ao leste co municipio de Hagfors, ao sur co Forshaga e ao oeste co de Sunne, todos eles en Värmland.
Topografía e hidrografía A parte central do delta do río Klarälven no concello de Munkfors é unha importante atracción natural. O río serpentea ao través da paisaxe con meandros que en partes están cortados e cubertos, especialmente en lugares como Lillmossheden e Ängheden. Varios barrancos, como os de Stensdalen, Rudstorp e a granxa de Ransäter, desembocan no río Klarälven e contribúen ao seu carácter. As zonas ao oeste e ao leste do val están dominadas por montañanas cubertas de bosque con morenas e elementos de turbeiras. Ao sur do lago Rannsjön e debaixo do monte Skalltjärnsberget hai depósitos glaciares que enriquecen a diversidade xeolóxica da zona.
División administrativa Ata o ano 2016 para cuestión de informes de poboación o concello estaba dividido na congregación de Forshaga-Munkfors, que tamén abarcaba o concello de Forshaga.
Dende 2016 o municipio divídese en dous distritos: Munkfors e Ransäter.
Localidades No ano 2025 o 77,2 por cento dos habitantes vivían nalgunha das localidades do concello, unha porcentaxe menor ao da media do país, ue nese ano era do 87,8 por cento. Segundo a Oficina Central de Estadística de Suecia (SCB) en 2023 o municipio só tiña un único tätort, a localidade de Munkfors, onde vivían 2 841 persoas.
Economía e infraestruturas
Economía local No concello de Munkfors a industria manufactureira é o sector que domina a actividade económica local, centrada principalmente na súa capital. A empresa máis grande do municipio é Voestalpine Precision Strip AB, que leva en funcionamento desde 1886 e está especializada na fabricación de bandas de aceiro de precisión laminadas en frío.
Na parte sur do concello o turismo xoga un importante papel, con atraccións como a granxa de Ransäter e a casa señorial de Geijersgården. Neses lugares hai oportunidades laborais dentro do sector turístico. Ademais, o sector público é un empregador importante e ofrece moitas oportunidades laborales para os residentes do municipio de Munkfors.
Infraestruturas O concello está a travesado pola estrada nacional 62, que na súa maior parte segue o curso do Klarälven a través do municipio. A estrada comarcal 241, que une as localidades de Munkfors e Sunne, tamén atravesa parte do concello.
Poboación En decembro de 2024 o concello de Munkfors tiña 3 625 habitantes, o que o sitúa no 283º posto entre os 290 concellos de Suecia. Na táboa inferior pode verse a evolución de poboación dende 1810 da superficie que no presente forma o actual municipio.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Värmland