Alfredo Vallo García, nado en Pregontoño (Burres, Arzúa) cara a 1906 e finado na Ponte de San Xusto (Dombodán) o 27 de xullo de 1981, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Fillo dun mestre nacional. Estivo emigrado no Uruguai e na Arxentina entre 1929 e 1934, onde traballou nunha ferraxería e nunha granxa agrícola que montaron os seus irmáns. Cando retornou foi dono dunha taberna-abacería e dunha serra en Dombodán. Participou na campaña da Fronte Popular para as eleccións de febreiro de 1936, mantivo un enfrontamento co cabo da garda Civil Nemesio Hortal e foi detido por pegar propaganda electoral, saíndo en liberdade ao cabo de dous días. Logo do triunfo da Fronte Popular, foi nomeado concelleiro de Arzúa. Foi vogal da primeira directiva do PSOE de Arzúa que presidía José Corzo Conde, constituída o 27 de abril de 1936."El PSOE de Arzúa fija el 27 de abril como día del socialismo local", La Voz de Galicia, Santiago, 17-3-2010, p. L12.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado durante un mes. Salvou da detención grazas ao seu irmán Daniel Vallo García que era requeté. Sufriu expediente de responsabilidades políticas.BOE, 8-11-1949, p. 2483. Foi detido en 1948 por axudar á guerrilla xunto con outros veciños de Arzúa e a comarca de Deza. Xulgado na Coruña en marzo de 1949, foi condenado a tres anos de prisión.La Voz de Galicia, 23-3-1949, p. 3. Cumpriu condena na Prisión da Coruña de onde saíu en liberdade condicional en 1950.BOE, 24-8-1950, p. 3705-3706. Despois foi contratista de obras.La Voz de Galicia, 12-7-1969, p. 8. Finou na Ponte de San Xusto o 27 de xullo de 1981.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-7-1981, p. 55.

Vida persoal

Casou con Amalia Camino Bahamonde e foi pai de Ricardo, Carmen, Celia, Daniel, Eduardo e Celsa Vallo Camino. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Concelleiros das corporacións republicanas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Galegos da Arxentina

Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Arzúa

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1981