Arturo Obegero, nado en Tapia de Casarego en 1993, é un xastre e deseñador de moda asturiano.

Traxectoria Nado de pai surfeiro e nai enfermeira, graduouse en moda na escola superior Goymar, da Coruña, mentres traballaba en Inditex. Proseguiu os seus estudos na facultade Central Saint Martins da Universidade das Artes de Londres. Comezou a traballar como deseñador na casa de alta costura Lanvin, en París e ao pouco presentou marca de seu, co seu mesmo nome: Arturo Obegero.

En 2021 presentou colección de seu na Semana da moda de París, e repetiu tamén en 2022. Nese ano, roupa súa foi a escollida polo cantante Harry Styles para levar no videoclip do seu tema 'As It Was'.

Recoñece en Cristóbal Balenciaga o seu modelo a imitar. Tamén atopa influencias en Yves Saint Laurent, Helmut Lang, Jean Paul Gaultier, Martin Margiela, Alaïa, Alexander McQueen e Rick Owens.

Vida persoal Vive en Montreuil, nos arrabaldes de París.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Conta de instagram de Arturo Obegero Web da súa marca persoal

Categoría:Deseñadores de moda de España Categoría:Nados en Tapia de Casarego Categoría:Nados en 1993