A casa Rey é un edificio situado entre a Mariña e a praza de María Pita da cidade da Coruña.
Descrición A casa Rey foi un proxecto do arquitecto Julio Galán Carvajal, realizado en estilo modernista. O edificio, de cinco andares e ático, está formado por vivendas situadas arredor dunha escaleira central.
Na rúa de María Barbeito e na avenida de Montoto a fachada ten grandes galerías desde o segundo andar. Ademais, hai un miradoiro curvo na esquina. No andar baixo unhas cariátides decoran a fachada, así como traballos en ferro.
A fachada de María Pita segue a estética da praza.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Turgalicia A arquitectura modernista
Categoría:Arquitectura civil na Coruña