miniatura|upright|Un ripifórido triungulino sobre unha á de avespa bracónida Os ripifóridos ou Ripiphoridae (antes escrito Rhipiphoridae) son unha familia cosmopolita de que comprende unhas 450 especies descritas de escaravellos. Os ripifóridos son peculiares entre os escaravellos porque moitas especies son parasitoides hipermetamórficos, un atributo que comparten cos meloidos. Os membros da familia difiren na súa elección de hóspede, pero a maioría ataca diversas especies de abellas ou avespas, mentres que outros atacan a cascudas ou a outros escaravellos. Moitas especies de Ripiphoridae teñen élitros curtos e antenas flabeladas (con forma de abano) ou pectinadas (con forma de peite).

Bioloxía

A subfamilia Ripiphorinae parasita abellas e avespas (Hymenoptera), mentres que a Ripidiinae parasita cascudas (Blattodea) e a Pelecotominae parasita larvas de escaravellos que perforan a madeira (Coleoptera).

As especies que atacan as abellas tipicamente poñen ovos en flores. Alí eclosionan os ovos case inmediatamente orixinando pequenas larvas tipo planidio e descansan ali agardando a que veña un hóspede visitante. O planidio móntase sobre unha abella visitante e viaxa sobre ela ata a colmea. Alí baixa da abella e busca unha cela ocupada por unha larva do hóspede. O planidio entra despois no corpo do hóspede. Cambia de pel e de forma, despois permanece máis ou menos dormente ata que a larva hóspede pupa. Despois emerxe da pupa da abella e empeza a alimentarse. Come a pupa enteira, despois é ela a que pupa e completa a súa metamorfose antes de saír da colmea para aparearse e poñer ovos.

En especies que parasitan cascudas, os machos son alados, mentres que as femias carecen delas e son larviformes. Ambos os sexos no adulto non poden alimentarse debido a que teñen unhas pezas bucais reducidas. As femias adultas atraen os machos usando feromonas para atraer parellas, despois aparéanse e poñen os ovos no mesmo lugar. Os ovos eclosionan formando larvas que atacan as ninfas de cascudas. Na madureza, a larva de ripifórido sae dos últimos segmentos abdominais dos seus hóspedes e pupa preto de alí.

En especies que atacan a escaravellos perforadores da madeira, os adultos aparecen en árbores mortas ou nas partes mortas de árbores vivas. Aparéanse e despois as femias poñen ovos na madeira utilizando un ovopositor longo, ríxido e con forma de agulla. As larvas eclosionan e buscan activamente unha larva de escaravello que lle sirva de hóspede, e poden sobrevivir polo menos durante 10 días se non encontran hóspede. Cando encontra un hóspede, a larva de ripifórido perfórao coa axuda dunha substancia narcotizante que inxecta. Aliméntase dentro do hóspede, despois sae do hóspede e continúa alimentándose como un ectoparasitoide. Cando completa o seu desenvolvemento, a larva actúa ela mesma como perforadora da madeira, creando unha galería de emerxencia e pupando no extremo apical desta galería.

Evolución Describíronse especies fósiles dos xéneros Paleoripiphorus, Macrosiagon, Cretaceoripidius, Flabellotoma, Burmitoma, Plesiotoma e Amberocula do Cretáceo medio e inferior atopados en ámbar de xacementos de Francia, Alemaña e Myanmar.

Xéneros

Alloclinops Broun, 1921 g Ancholaemus Gerstaecker, 1855 g Blattivorus Chobaut, 1891 g Clinopalpus Batelka, 2009 g Clinops Gerstaecker, 1855 g Elytroxystrotus Manfrini de Brewer, 1963 Euctenia Gerstaecker, 1855 Falsorhipidius Pic, 1947 Geoscopus Gerstaecker, 1855 g Hemirhipidius Heller, 1920 Heteromeroxylon Pic, 1939 Ivierhipidius Barclay, 2015 Macrosiagon Hentz, 1830 i c g b Metoecus Dejean, 1834 g Micholaemus Viana, 1971 g Micropelecotoides Pic, 1910 Neonephrites Riek, 1955 Neopauroripidius Falin & Engel, 2014 g Neorhipidius Riek, 1955 Neorrhipidius Viana, 1958 g Nephrites Shuckard, 1838 Paranephrites Riek, 1955 Pelecotoma Fischer, 1809 i c g b Pirhidius Besuchet, 1957 b Pseudorhipidius Chobaut, 1894 Pterydrias Reitter, 1895 Ptilophorus Dejean, 1834 i c g b Quasipirhidius Zaragoza, 1992 Quasirhipidius Zaragoza, 1992 g Rhipidioides Riek, 1955 Rhipidocyrtus Falin & Engel, 2014 g Rhipistena Sharp, 1878 g Riekella Selander, 1957 Ripidius Thunberg, 1806 i c g Ripiphorus Bosc, 1791 i c g b Scotoscopus Reitter, 1884 g Sharpides Kirkaldy, 1910 Sitarida White, 1846 Trigonodera Dejean, 1834 i c g b Zapotecotoma Engel, Falin, & Batelka, 2019 i c g b

Fontes de datos: i = ITIS, c = Catalogue of Life, g = GBIF, b = Bugguide.net

Xéneros extinguidos

Subfamilia Pelecotominae †Burmitoma Batelka et al., 2018, ámbar birmano, Myanmar, Cenomaniano †Flabellotoma Batelka et al., 2016, ámbar birmano, Myanmar, Cenomaniano †Plesiotoma Batelka et al., 2018, ámbar birmano, Myanmar, Cenomaniano †Samlandotoma Alekseev, 2019, ámbar báltico, Rusia, Eoceno †Spinotoma Hsiao & Huang, 2017, ámbar birmano, Myanmar, Cenomaniano Subfamilia Ripidiinae †Olemehliella Batelka, 2017, ámbar báltico, Rusia, Eoceno †Pauroripidius Kaupp & Nagel, 2001, ámbar báltico, Rusia, Eoceno Tribo Ripidiini †Amberocula Batelka et al., 2018, ámbar birmano, Myanmar, Cenomaniano †Cretaceoripidius Falin & Engel, 2010, ámbar birmano, Myanmar, Cenomaniano †Paleoripiphorus Perrichot et al., 2004, ámbar de Charentes, Francia, Cenomaniano, ámbar birmano, Myanmar, Cenomaniano †Protoripidius Cai et al., 2018, ámbar birmano, Myanmar, Cenomaniano

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Cucujiformia