miniatura|Dodecapole 1. Dodecapole, tamén coñecidos como Dodecahedron e Porcupine, foron un par de satélites artificiais dos Estados Unidos.

Características Os dous satélites Dodecapole eran esferas de 26 cm de diámetro con doce elementos na superficie que lle permitían despregar doce barras de 1,27 cm de diámetro e 7,62 m de longo normais ás caras dun dodecaedro imaxinario. Os satélites serviron como obxectivos pasivos para a calibración de radares na superficie. Foron construídos polo Naval Research Laboratory. Dodecapole 1 foi lanzado o 9 de marzo de 1965 mediante un foguete Thor Agena, mentres que Dodecapole 2 o foi o 13 de agosto dese mesmo ano mediante un Thor Ablestar.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Thor Agena Thor Ablestar

Categoría:Satélites artificiais