Alfred Louis Kroeber, nado en Hoboken (Nova Jersey) o 11 de xuño de 1876 e finado en París o 5 de outubro de 1960 foi un antropólogo cultural estadounidense.

Traxectoria Obtivo o seu doutoramento na Universidade Columbia en 1901. O antropólogo Franz Boas supervisou os seus estudos. Foi o primeiro profesor do Departamento de Antropoloxía da Universidade de California, Berkeley. Dirixiu o Museo de Antropoloxía Phoebe A. Hearst de Berkeley entre 1909 e 1947.

Kroeber estudou un home chamado Ishi, o último membro supervivente do pobo Yahi. Estudou tamén, entre outros, os pobos miwok.

Vida persoal Casou coa antropóloga Theodora Kroeber e foi pai da novelista, poeta e escritora de contos Ursula K. Le Guin.

Notas

Categoría:Profesores da Universidade de California, Berkeley

Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Arqueólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Antropólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 1960 Categoría:Nados en 1876 Categoría:Nados en Hoboken, Nova Jersey