Polyphylla fullo é unha especie de escaravello pertencente á familia Scarabaeidae, subfamilia Melolonthinae.
Descrición É o Melolonthinae europeo máis longo, acadando unha lonxitude de 38 mm. O seu corpo é robusto e convexo e máis ou menos marrón avermellado ou de tons negros. Está cuberto de finas pubescencias brancas que forman manchas marmoradas. Igual que outros membros do xénero, os machos posúen unha antena en abano agrandable, que lle dá un distintivo aspecto e explica o nome científico do xénero (Polyphylla = "moitas follas"). O adulto vive e aliméntase da follaxe dos piñeiros, mentres que as larvas viven nas raíces de herbas e xuncas (Graminaceae e Cyperaceae).
Distribución
Habita no norte de África, Europa e Próximo Oriente. En case todas partes é escaso, pero onde máis abunda é en Europa central e do sur. A súa fronteira norte é o sur de Suecia e chega ao leste dos Balcáns, o Cáucaso e leste de Irán.
Vive en amvientes areosos, como nos bordos de bosques de piñeiros solleiros, viñedos ou dunas.
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Funet Polyphylla fullo
Categoría:Scarabaeiformia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné