Caleidoscopio (en ) é unha serie de televisión estadounidense creada por Eric Garcia. Componse de oito episodios, e é unha serie que se caracteriza en que os seus episodios poden verse ao chou. A historia céntrase no mestre ladrón Leo Pap (Giancarlo Esposito) e o seu equipo que intentan un atraco épico por valor de 7.000 millóns de dólares, mais a traizón, a cobiza e outras ameazas socavan os seus plans.

Caleidoscopio estreouse o 1 de xaneiro de 2023 a través de Netflix, onde conta con opción de subtitulado en galego.

Personaxes Giancarlo Esposito como Leo Pap / Ray Vernon Rufus Sewell como Roger Salas / Graham Davies Paz Vega como Ava Mercer Rosaline Elbay como Judy Goodwin Jai Courtney como Bob Goodwin Tati Gabrielle como Hannah Kim Austin Elle Fisher como Hannah Vernon de moza Peter Mark Kendall como Stan Loomis

Notas

Véxase tamén Outros artigos Calidoscopio Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2023 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega