miniatura|Selo da Cámara de Representantes dos EEUU. A Comisión de Moeda, Pesos e Medidas (en inglés: Committee on Coinage, Weights, and Measures) foi unha comisión permanente constituída na Cámara de Representantes dos Estados Unidos e que estivo vixente entre 1864 e 1946.
O seu nome orixinal foi Comisión para un Sistema Uniforme de Moeda, Pesos e Medidas, e en 1867 acurtouse a Comisión de Moeda, Pesos e Medidas, forma en que se mantivo ata á súa cancelación en 1946.
Historia A Comisión creouse o 21 de xaneiro de 1864, como resultado dos esforzos do representante por Iowa Johnson A. Kasson, vicepresidente da Sociedade Metrolóxica Americana. Kasson foi nomeado como primeiro presidente da nova comisión,Treat, C. F. (1971). Páxinas 40-41. que tiña como un dos seus obxectivos aliviar en parte a elevada carga de traballo que naquel momento tiña a Comisión de Medios e Arbitrios da Cámara de Representantes."U.S. House of Representatives. Committee on Coinage, Weights, and Measures. 1/21/1864-1946". National Archives. Catalog (Catalog.archives.org)"Records of the Banking and Currency Committees". National Archives (Archives.org) miniatura|O congresista John A. Kasson (1822-1910), promotor da Comisión e o seu primeiro presidente. Kasson era un firme partidario do sistema métrico decimal como medio máis seguro de garantir a uniformidade internacional, e este foi un dos obxectivos asumidos pola Comisión. No seu primeiro informe anual, de 1866, líase:Treat, C. F. (1971). Páxina 40.
Xa no primeiro ano da súa existencia, a Comisión presentou tres proxectos de lei relativos á moeda que acabaron converténdose en lei: o primeiro esixía que as moedas dun centavo se fabricasen en cobre e non en níquel, como sucedía entón, e os dous restantes centrábanse na persecución da falsificación e en facilitar o troco de metais preciosos polo seu valor en moedas.
Ao longo dos seus 82 anos de historia, a Comisión tamén foi a responsable de diversas leis sobre pesos e medidas e xogou un papel salientable na controversia acerca do bimetalismo ouro-prata no sistema monetario a finais do século XIX. Tamén aprobou a creación da Oficina Nacional de Estándares e de varias oficinas de ensaio de metais preciosos.Treat, C. F. (1971). Páxina 41.
En 1921, a parte das competencias desta comisión relativa á estabilización da moeda transferíuselle á Comisión de Banca e Moeda da Cámara de Representantes. Finalmente, en 1946, a Comisión de Moeda, Pesos e Medidas acabou por disolverse, en virtude da Lei de Reorganización Lexislativa, xa que as súas competencias en materia de cuñaxe de moeda, que aínda conservaba, foron transferidas á mesma comisión de Banca e Moeda, en tanto que a xurisdición relacionada cos pesos e as medidas se transferiu á Comisión de Comercio Interestatal e Exterior da mesma cámara.
Competencias O ámbito xurisdicional da Comisión de Moeda, Pesos e Mediadas da Cámara de Representantes abranguía exactamente os temas relacionados no seu nome: a moeda, os pesos e as medidas. A parte relativa á cuñaxe de moedas atinxía a definición e a fixación do seu valor e os procesos de cuñaxe e de cambio, e abarcaba aspectos tan diferentes como as cuñaxes en prata e a adquisición do metal, o cambio das moedas de ouro polo seu equivalente en metal, a substitución de moedas gastadas, a emisión de moedas conmemorativas ou a fixación do valor da moeda nas posesións insulares dos Estados Unidos.
As competencias da Comisión estendíanse tamén á regulación da Casa da Moeda dos Estados Unidos e as súas cecas sucursais, así como das oficinas de ensaios.
Presidentes Esta é unha listaxe dos representantes nos que recaeu a presidencia da Comisión de Moeda, Pesos e Medidas, desde o seu establecemento en 1864 ata a súa disolución en 1946:Membro da Cámara de RepresentantesPartido políticoEstado reprtesentadoNº de CongresoPeríodoJohn A. Kasson RepublicanoIowa38º-39º1864-1867William D. KelleyPensilvania40º1867-1869David HeatonCarolina do Norte41º1869-1871William D. KelleyPensilvania41º - 42º1871-1873Samuel HooperMassachusetts42º - 43º1873-1874Sherman Otis HoughtonCalifornia43º1874-1875Alexander H. StephensDemócrataXeorxia44º - 46º1875-1881Horatio Gates FisherRepublicanoPensilvania47º1881-1883Richard P. BlandDemócrataMissouri48º - 50º1883-1889Charles Preston WickhamRepublicanoOhio51º1889-1891Richard P. BlandDemócrataMissouri52º - 53º1891-1895Charles Warren StoneRepublicanoPensilvania54º - 55º1895-1899James H. SouthardOhio56º - 59º1899-1907William B. McKinleyIllinois60º - 61º1907-1911Thomas W. HardwickDemócrataXeorxia62º - 63º1911-1915William A. AshbrookOhio64º - 65º1915-1919Albert Henry VestalRepublicanoIndiana66º - 68º1919-1925Randolph PerkinsNova Jersey69º - 71º1925-1931Andrew Lawrence SomersDemócrataNovaYork72º - 78º1931-1945Compton I. WhiteIdaho79º1945-1946
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Cámara de Representantes dos Estados Unidos Comisión de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos do Senado dos Estados Unidos
Bibliografía
Treat, C. F. (1971). History bof the Metric System Controversy in the U.S. U.S. Department of Commerce. National Bureau of Standards.
Categoría:Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América Categoría:Moedas dos Estados Unidos de América Categoría:Política monetaria Categoría:Metroloxía