Everything Everywhere All at Once é un filme de estadounidense de 2022 escrito e dirixido por Daniel Kwan e Daniel Scheinert (coñecidos colectivamente como "Daniels"), que a produciron xunto a Anthony e Joe Russo. The New York Times cualificou o filme como un "remuíño de anarquía de xéneros" con elementos de comedia surrealista, ficción científica, fantasía, filmes de artes marciais e animación.
Argumento Evelyn Quan ten unha lavandaría co seu marido Waymond Wang, unhas dúas décadas despois de que emigrasen aos Estados Unidos e tivesen unha filla, Joy. A lavandaría está a ser auditada polo IRS. Mentres tanto, Waymond está intentando entregarlle a Evelyn os papeis do divorcio; o esixente pai de Evelyn, Gong Gong, está de visita pola festa do Ano Novo Chinés e Joy quere que a súa nai acepte a súa moza non chinesa Becky, sobre a que Evelyn mente a Gong Gong.
Nunha reunión conflitiva coa inspectora do IRS Deirdre Beaubeirdre, o corpo de Waymond é tomado por Alpha-Waymond, unha versión de Waymond do "Alphaverse". Alpha-Waymond explícalle a Evelyn que existen moitos universos paralelos porque cada opción de vida crea un novo universo alternativo. O Alphaverse, dirixido pola finada Alpha-Evelyn, desenvolveu a tecnoloxía de "saltoversos", que permite ás persoas acceder ás habilidades, memorias e corpos do seu universo paralelo realizando accións estrañas estatisticamente pouco probables. O multiverso agora está ameazado por Jobu Tupaki, a versión Alphaverse de Joy, cuxa mente quedou escindida despois de que Alpha-Evelyn a empurrase a realizar un saltoverso. Jobu agora experimenta todos os universos á vez e pode saltar e manipular a materia ao seu xeito; ela creou un buraco negro "todo bagel" que ameaza o multiverso.
Elenco Michelle Yeoh como Evelyn Quan Wang Stephanie Hsu como Joy Wang, filla de Evelyn Ke Huy Quan como Waymond Wang, marido de Evelyn James Hong como Gong Gong (en cantonés, "avó"), pai de Evelyn Jamie Lee Curtis como Deirdre Beaubeirdre, inspectora da IRS inspector Jenny Slate como Debbie the Dog Mom, clienta da lavandaría Harry Shum Jr. como Chad Tallie Medel como Becky Sregor, moza de Joy
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Guión oficial
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de artes marciais Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre o matrimonio Categoría:Filmes sobre inmigración Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor filme