Tula (en alfabeto cirílico ruso: Тула, transliterado Tula) é unha cidade de Rusia, capital da provincia homónima. Está situada ao sur de Moscova, no centro da Rusia europea. Ten uns 550.000 habitantes.

Historia

Idade Moderna En 1530 construíuse alí unha cidadela ou kremlin. Foi un lugar clave para protexer Moscova das invasións tártaras ou mongois. Tula converteuse no centro da industria metalúrxica rusa a partir de 1712, tras o descubrimento de xacementos de ferro e carbón na zona.

Idade Contemporánea Durante a segunda guerra mundial (Gran guerra patria, 1940-1945) a cidade converteuse nun importante centro de produción de armamento e por iso foi obxectivo do Heer alemán a finais de 1941. O exército de Heinz Guderian foi aniquilado en Tula,Roberts 2011, pp. 175-176 e por iso leva dende 1976 o título de Cidade heroica.

En Tula naceu, viviu e foi enterrado Lev Tolstoi (1828-1910). A atracción máis popular para os turistas é a Yasnaya Polyana, que foi a casa e último lugar onde viviu Tolstoi, a 14 km ao suroeste do centro da cidade.

Demografía

Deporte A cidade de Tula alberga o Arsenal Stadium (homónimo do estadio do Arsenal inglés) e o FC Arsenal Tula (Professionalniy Futbolniy Klub Arsenal), que participa na liga rusa de fútbol.

Irmandamentos Banská Bystrica Kutaisi Mahilioŭ Albany Villingen-Schwenningen

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Yasnaya Polyana, Museo Tolstoi

Categoría:Cidades de Rusia