Marco Antonio Morala López, nado en Ponferrada o 12 de febreiro de 1971, é un avogado e político berciano do Partido Popular.

Traxectoria Estudou Dereito e traballou como avogado nun bufete de Ponferrada, fíxose coñecido no exercicio da súa profesión por lograr sentenzas favorables aos demandantes no caso das preferentes bancarias. Confrade da Real Irmandade de Xesús Nazareno de Ponferrada foi o seu mordomo entre 2011 e 2019 e houbo de renunciar para encabezar a candidatura do Partido Popular ao concello de Ponferrada nas eleccións municipais dese ano. O seu partido quedou en segundo lugar e Morala entrou como concelleiro na corporación municipal. Nas eleccións municipais de 2023 volveu liderar a lista do PP en Ponferrada.

Notas

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Políticos de Castela e León Categoría:Políticos do PP Categoría:Concelleiros de Ponferrada Categoría:Personalidades sen imaxes