Bluey é unha serie de televisión australiana de animación infantil que se estreou a través da canle ABC Kids o 1 de outubro de 2018. A serie creouna Joe Brumm e prodúcea a empresa Ludo Studio con sede en Queensland. Foi encargada pola Australian Broadcasting Corporation e British Broadcasting Corporation, con BBC Studios como posuidor dos dereitos de distribución e mercadotecnia. A serie estreouse a través de Disney Junior nos Estados Unidos de América e a través de Disney+ internacionalmente.
O programa conta a historia de Bluey, unha cadeliña "Blue Heeler" antropomórfica de seis anos que se caracteriza pola súa enerxía, imaxinación e curiosidade polo mundo. Vive co seu pai, Bandit, coa súa nai, Chilli, e a súa irmá máis nova, Bingo, quen se une regularmente a Bluey nas aventuras mentres a parella se embarca en xogos imaxinativos xuntos. Outros personaxes que aparecen representan diferentes razas de can. Os temas xerais da serie inclúen o foco na familia, o crecemento e a cultura australiana. O programa foi creado e prodúcese en Queensland; a súa capital, Brisbane, inspirou os escenarios da serie.
Personaxes Os personaxes infantís de Bluey son interpretados por nenos do equipo de produción do programa e non se acreditan como intérpretes de voz. Principais Bluey, unha cadela de seis anos (despois sete anos) da raza pastor australiano azul (tamén coñecida como "Blue Heeler". Ela é curiosa e enérxica. Bingo Heeler, a irmá máis nova de Bluey de catro anos de idade (despois cinco anos) un pastor australiano vermello. Bandit Heeler / Papá (voz de David McCormack), o pai pastor azul de Bluey e Bingo que é un arqueólogo. Chilli Heeler / Mamá (voz de Melanie Zanetti), a nai pastor vermello de Bluey e Bingo que traballa a medio tempo na seguridade do aeroporto.
Familia
Muffin: curmá máis vella de moito xenio, filla do matrimonio Stripe (irmán de Bandit) e Trixie. Socks: irma máis nova de Muffin, nas primeiras dúas tempadas ó ser moi pequena andaba sobre catro patas e ladraba aínda que na terceira tempada xa fala.
Secundarios Judo: é a veciña de Bluey e Bingo, trátase dunha cadela da raza Chow-Chow que é filla única e ten un carácter dominante. Produción Concepción A necesidade de contar as aventuras desta familia xurdiulle ó autor a partir da súa propia experiencia ó criar dúas fillas. Logo de traballar no Reino Unido durante unha década, Joe Brumm volveu a Australia decido a reflectir nun programa de animación a súa experiencia, reflexionando sobre ser pai no século XXI, tomando a filosofía da crianza positiva, estabelecendo un equilibrio entre facerte respectar e dedicarlle tempo para o xogo.
Debido a que os nacementos das súas fillas foron moi seguidos, durante unha boa tempada estivo atado a ver deseguido programas infantís que o horrorizaban. Na súa opinión, aqueles debuxos non reflectían o que el estaba a vivir coas súas fillas, así que decidiu contalo el mesmo. Así naceu o primeiro piloto, que tiña a intención de facer un programa que gustase tanto a pequenos como ós pais e puidesen desfrutalo xuntos. Este concepto botou atrás potenciais estudos de animación, non sendo así o caso de Ludo Studios, con que fixo o primeiro capítulo de sete minutos e que presentaron na Cume Asiática de Animación. O recibimento foi tan bo que pronto espertou o interese das distribuidoras, entre as que destacou Disney.
Notas
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de Australia Categoría:Series de animación