Bledius spectabilis é unha especie de escaravello estafilínido.

Descrición

Este escaravello mide de 5 a 7 mm de longo e ten patas de vivas cores. Os élitros son de tons maróns e tan largos coma longos.

Distribución

B. spectabilis habita as costas do mar Caspio e mar Negro, as costas do Mediterráneo desde Asia Menor a España e Marrocos, e o litoral Atlántico chegando polo norte ata o mar de Irlanda e o mar do Norte.

Comportamento

Bledius spectabilis mostra un comportamento moi pouco común entre os insectos, xa que protexe activamente as súas larvas da avespa parasita Barycnemis blediator e do escaravello predador Dicheirotrichus gustavi.

Notas

Ligazóns externas Imaxes de Bledius spectabilis en Barcode of Life Data System

Categoría:Staphyliniformia Categoría:Animais descritos en 1857