Timarcha tenebricosa é unha especie de escaravello crisomélido nativo de Europa.

Descrición T. tenebricosa mide 15–20 mm de longo, é de cor negra azulado e é máis grande e máis constrinxido na base do seu pronoto que a especie visualmente similar T. goettingensis. Ten un corpo moi curvado e élitros lisos e finamente puntuados. As antenas son grosas e ben segmentadas, as patas teñen tarsos longos e terminan cun gancho dobre. miniatura|Larva

Dieta e comportamento

Timarcha tenebricosa é monófago; as larvas aliméntanse exclusivamente de plantas do xénero Galium, especialmente as especies con follas tenras (como Galium verum e Galium mollugo). Os adultos adoitan moverse lentamente polo chan, na herba e en plantas herbáceas, principalmente pola noite.

Como comportamento defensivo exsudan pingas da súa hemolinfa laranxa-vermella brillante rompendo unhas delgadas membranas da súa boca,Robertson, Matthew. "Staying Alive." Insects and spiders. Pleasantville, New York: Reader's Digest Children's Books, 2000. 43. a cal chéiralle moi mal aos depredadores. Este fenómeno de sangrado reflexo existe tamén noutros insectos, como algunhas maruxiñas.R. L. Koch. The multicolored Asian lady beetle, Harmonia axyridis: A review of its biology, uses in biological control, and non-target impacts. Journal of Insect Science, Volume 3, Issue 1, 2003, 32,

Ciclo vital

Poñen os ovos en primavera sobre plantas de Galium. As larvas miden ata 20 mm e son de cor negra azulada. As pupas hibernan.

thumb|Timarcha tenebricosa, exsudando unha pinga dun noxento líquido vermello (hemolinfa).

Distribución

Pode encontrarse en Europa central e do sur e é común en Gran Bretaña e Irlanda.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bloody-nosed beetle (Timarcha tenebricosa) en arkive.org; "Wildlife: insects: Bloody-nosed Beetle" Tiscali Reference Encyclopedia; "Bloody-Nosed Beetles - Timarcha tenebricosa - UK Safari"; "The Bloody-nosed Beetle (Timarcha tenebricosa)" Cambridge Green Belt Project;

Categoría:Cucujiformia Categoría:Animais descritos en 1775