Dytiscus (que significa pequeno mergullador', do grego δυτικός, "que pode mergullarse" e o sufixo diminutivo -ίσκος) é unha especie de escaravellos da familia dos ditíscidos de distribución holártica de costumes predadoras e mergulladoras, que vive en zonas húmidas e lagoas. Hai 26 especies neste xénero, distribuídas en Europa, Asia e norte de África e América Central. Son predadores que poden reducir a cantidade de larvas de mosquito.
Os Dytiscus son grandes escaravellos acuáticos cun corpo robusto e redondeado, que miden de 2,2 a 4,4 cm de longo dependendo da especie de que se trate. O máis grande, D. latissimus, está entre as especies máis grandes da familia e o seu tamaño só é igualado por certos Megadytes. Os tarsos dos machos están modificados formando ventosas que usan para agarrar as femias durante o apareamento. As femias son xeralmente máis longas que os machos e poden ser de dúas formas segundo os élitros: con élitros con canles (sulcados) ou con élitros lisos. Os machos só teñen élitros lisos. Os adultos da maioría das especies poden voar.
Historia vital
Os adultos e as larvas son acuáticos, pero as pupas pasan a súa vida en terra. As femias poñen ovos dentro do tecido de plantas acuáticas, como xuncos. Os ovos fan eclosión nunhas tres semanas.
As larvas son alongadas cunha cabeza redonda e plana e fortes mandíbulas. Son predadores e as súas mandíbulas teñen canles no seu bordo interno a través das cales poden succionar os fluídos corpoarais das presas. As larvas toman aire desde a superficie da auga usando pelos ao final do abdome, que conducen aos espiráculos nos cales se capta o aire.
Unha vez que as larvas medran ata certo tamaño, trasládanse ao chan á beira da auga e entérranse nunha cela e pupan.
Os adultos respiran subindo á superficie e poñéndose boca arriba. Recollen aire cos élitros e poden respirar o aire recollido usando os espiráculos que están agochados baixo os élitros.
En Dytiscus marginalis e outras especies o tarso das patas anteriores está modificado nos machos formando unha ventosa circular. Tamén teñen unha ventosa máis reducida na pata media do macho.Miall, L. C. (1912) The natural history of Aquatic Insects. Macmillan and Co. Ltd.
Parasitoides Os ovos de Dytiscus son ás veces parasitados por avespas das familias Eulophidae, Mymaridae e outras Chalcidoidea.Jackson D.J. (1958) A further note on a Chrysocharis (Hymenoptera, Eulophidae) parasitizing the eggs of Dytiscus marginalis L., and a comparison of its larva with that of Caraphractus cinctus Walk. (Hym., Mymaridae) J.Soc.Brit.Entomol. 6:15-22.Jackson D.J. (1961) Observations on the biology of Caraphractus cinctus Walker (Hymenoptera, Mymaridae), a parasitoid of the eggs of Dytiscidae. II. Immature stages and seasonal history with a review of mymarid larvae.. Parasitology. 51:269-294.
Especies Dysticus contén as seguintes especies:Dytiscidae Species List at Joel Hallan's Biology Catalog. Texas A&M University. Consultado o 7 de maio de 2012.
Dytiscus alaskanus J.Balfour-Browne, 1944 Dytiscus avunculus C.Heyden, 1862 Dytiscus caraboides Linnaeus, 1758 Dytiscus carolinus Aubé, 1838 Dytiscus circumcinctus (Ahrens, 1811) Dytiscus circumflexus Fabricius, 1801 Dytiscus cordieri Aubé, 1838 Dytiscus dauricus Gebler, 1832 Dytiscus delictus (Zaitzev, 1906) Dytiscus dimidiatus Bergsträsser, 1778 Dytiscus distantus Feng, 1936 Dytiscus fasciventris Say, 1824 Dytiscus habilis Say, 1830 Dytiscus harrisii Kirby, 1837 Dytiscus hatchi Wallis, 1950 Dytiscus hybridus Aubé, 1838 Dytiscus krausei H.J.Kolbe, 1931 Dytiscus lapponicus Gyllenhal, 1808 Dytiscus latahensis Wickham, 1931 Dytiscus latissimus Linnaeus, 1758 Dytiscus latro Sharp, 1882 Dytiscus lavateri Heer, 1847 Dytiscus marginalis Linnaeus, 1758 Dytiscus marginicollis LeConte, 1845 Dytiscus miocenicus Lewis & Gundersen, 1987 Dytiscus mutinensis Branden, 1885 Dytiscus persicus Wehncke, 1876 Dytiscus pisanus Laporte, 1835 Dytiscus semisulcatus (O.F.Müller, 1776) Dytiscus sharpi Wehncke, 1875 Dytiscus sinensis Feng, 1935 Dytiscus thianschanicus (Gschwendtner, 1923) Dytiscus verticalis Say, 1823 Dytiscus zersii Sordelli, 1882
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Adephaga