miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Macedonia do Norte, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Despois da disolución de Iugoslavia, a República Socialista de Macedonia declarou a súa independencia como República de Macedonia en 1991 e acudiu á convención da UNESCO o 30 de abril de 1997 baixo o nome de Antiga República Iugoslava de Macedonia (debido ao conflito polo nome do país que mantiña con Grecia). Despois do acordo de Prespa, o nome do país cambiouse oficialmente a Macedonia do Norte no ano 2019.

No ano 2022, había dous sitios en Macedonia do Norte inscritos na lista e outros catro sitios máis na lista de candidaturas. O Patrimonio cultural e natural da rexión de Ohrid inscribiuse na 3ª sesión do Comité da UNESCO en 1979. En 2019, o sitio expandiuse para incluír a parte da costa albanesa do lago, converténdose nun sitio transnacional. En 2021, o sitio dos faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa foi expandido para incluír un bosque de faias dentro do Parque Nacional de Mavrovo, e o sitio é compartido por 17 países europeos máis. Os sitios candidatos de Macedonia do Norte son a cova Slatinski Izvor, a formación xeolóxica Markovi Kuli, o complexo megalítico arqueoastronómico de Kokino e a Igrexa de San Xurxo de Kurbinovo.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Macedonia do Norte Ano de inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización (concello) Ano da inclusión Descrición01 Patrimonio cultural e natural da rexión de Ohrid* 150px|Ohrid Ohrid 1979 I, III, IV, VII (mixto) A cidade de Ohrid é un dos asentamentos humanos máis antigos de Europa con restos arqueolóxicos desde a Idade do Bronce ata a Época Medieval. É un testemuño destacado das artes e da arquitectura bizantinas, como as igrexas de San Xoán en Kaneo e Santa Sofía. Ohrid ten o mosteiro eslavo máis antigo e a primeira universidade eslava dos Balcáns. O lago de Ohrid data da era preglacial e ofrece un refuxio único para numerosas especies de flora e fauna de auga doce endémicas e relictas. O sitio ampliouse en 1980 e tivo lugar unha pequena modificación dos límites en 2009. En 2019, o sitio ampliouse para incluír a parte albanesa do lago.02 Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa* 150px|Val do río Dlaboka. Mavrovo e Rostuša 2021 1133quater; IX (natural) Este sitio comprende bosques de 18 países europeos. Demostran o proceso de expansión posglacial destes bosques e presentan os patróns ecolóxicos máis completos e as masas forestais puras e mixtas de faia europea a través dunha gran variedade de condicións ambientais. O sitio apareceu por primeira vez en 2007 en Eslovaquia e Ucraína. Estendeuse en 2011, 2017 e 2021 para incluír bosques doutros países. O val do río Dlaboka en Macedonia do Norte engadiuse á lista en 2021.

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. En 2021, Macedonia do Norte rexistrou catro sitios na súa lista provisional.

Sitio Imaxe Localización (concello) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición Cova Slatinski Izvor 150px|Markovi kuli Makedonski Brod 2004 VII, VIII, IX (natural)última idade do xeo]]. Varias formacións rupestres atópanse no sistema. Markovi Kuli 150px|Markovi kuli Prilep 2004 VII, VIII, IX (natural) Unha formación xeolóxica composta por rochas magmáticas e metamórficas. A propia configuración do terreo e a favorable posición xeográfica fixeron que esta zona estivese constantemente poboada polo menos desde a Idade de Bronce. Sitio arqueoastronómico Kokino 150px|Kokino Staro Nagoričane 2009 I, II, III (cultural) Un complexo astronómico megalítico no cumio do monte Tatićev Kamen, que data da Idade de Bronce. Os recortes de pedra indican os puntos da saída do Sol nos días do solsticio de verán, o solsticio de inverno, o equinoccio de primavera e outono, así como a saída da lúa chea no horizonte oriental, cando ten unha declinación máxima e mínima no inverno e no verán. O sitio descubríuse no ano 2001. Igrexa de San Xurxo (Sv Gjorgji) Kurbinovo 150px|Igrexa de San Xurxo Resen 2020 I, II, III (cultural) Un mosteiro ortodoxo do século XII na rexión de Prespa, notable polos seus raros frescos do período renacentista macedonio da arte bizantina. San Xurxo é a igrexa sen nave máis grande do país. Notas

Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país