Zygogramma é un gran xénero de escaravellos crisomélidos da subfamilia Chrysomelinae, que comprende aproximadamente 100 especies.

Os adultos e larvas son herbívoros e comen varias plantas hóspede. Zygogramma exclamationis é unha praga para o xirasol en América do Norte. Polo menos dúas especies foron utilizadas como unha forma de control biolóxico de pragas: Zygogramma bicolorata foi introducida na India como un axente de biocontrol para a mala herba Parthenium hysterophorus, e Zygogramma suturalis foi introducida en Rusia para o control da planta Ambrosia artemisiifolia.

Especies seleccionadas

Zygogramma arizonica Schaeffer, 1906 Zygogramma bicolorata Pallister, 1953 Zygogramma conjuncta (Rogers, 1856) Zygogramma continua (J. L. LeConte, 1868) Zygogramma disrupta (Rogers, 1856) Zygogramma estriata Schaeffer, 1919 Zygogramma exclamationis (Fabricius, 1798) Zygogramma heterothecae Linell, 1896 Zygogramma malvae (Stål, 1859) Zygogramma opifera (Stål, 1860) Zygogramma piceicollis (Stål, 1859) Zygogramma signatipennis (Stål, 1859) Zygogramma suturalis (Fabricius, 1775) Zygogramma tortuosa (Rogers, 1856)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Lista de priblicacións sobre Zygogramma na Biodiversity Heritage Library

Categoría:Cucujiformia