Zophobas morio é unha especie de escaravello da familia dos tenebriónidos. As súas larvas son comúns como alimento de réptiles en catividade, xunto coas do Tenebrio molitor.

As larvas lembran ás de Tenebrio molitor, son duns 50 a 60 mm de longo cando chegan ao seu máximo tamaño, pero a diferenza das de T. molitor, os extremos dos seus corpos son moi escuros, case de cor negra. Unha vez que chegan ao tamaño máximo, as larvas pupan, e posteriormente saen transformadas en escaravellos grandes que ao principio son de cores claras, pero que despois escurecen ata ser negras. As larvas non pupan se se manteñen nun contedor con moitas outras larvas e abundancia de comida, onde reciben un contacto corporal constante. Manter as larvas desta maneira utilízase comunmente para atrasar a pupación. As larvas maduras deben manterse soas uns 7–10 días. Entón, despois da pupación, saen convertidas en escaravellos adultos.

As larvas son aceptadas como comida por lagartos, tartarugas, ras, píntegas, aves, carpas koi e outros animais insectívoros. Os seus valores nutricionais son similares aos dos T. molitor, polo que é posible facer unha suplementación con calcio se cómpre se se van usar como alimento principal. As larvas non desprenden cheiros (pero os escaravellos adultos posén unha punxente defensa química que poden liberar se os provocan), e poden ser doadamente mantidos en contedores, facendo que sexan ideais para crialos en casa para alimentar animais insectívoros en catividade. O perfil nutricional das larvas é "46,80% de proteínas, 43,64% de lípidos, 8,17% de cinzas e 1,39% de carbohidratos."

Distribución Vive en rexións tropicais de América Central e do Sur, pero estendeuse polo mundo polo seu uso como comida para réptiles e outros animais insectívoros en catividade.

Relacións con humanos Alimento para animais Xunto coas larvas de T. molitor, as de Zophobas morio son amplamente usadas como alimento para animais de compañía insectívoros.

Teñen un alto contido en proteínas e graxas, o que os fai atractivos como alimento para réptiles cativos, anfibios, peixes e aves. A súa capacidade de permanecer vivos sen comer durante 1–2 semanas fai moi doado a súa dispoñibilidade comercial en todo o mundo. Porén, deben manterse a temperatura cálida, xa que, a diferenza das larvas de T. molitor, non entran en hibernación. Morden ao collelos, pero a trabada non é moi dolorosa.

Axentes de eliminación do lixo En 2016, un grupo de estudantes do Ateneo da Universidade de Manila descubriron que as larvas de Zophobas morio poden ser usadas para a degradación do lixo, xa que poden consumir escuma de polistireno expandido. O estudo comparou as grandes larvas de Z. morio coas de T. molitor, que foran anteriormente utilizadas nun estudo de Stanford sobre a degradación do polistireno. O estudo anterior atopara que para unha mesma cantidade de lixo, as larvas de Z. morio podían consumir maiores cantidades de polistireno durante maiores períodos de tempo.

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Tenebriónidos Categoría:Animais descritos en 1776