Manuel Rey Suárez, nado en Oseiro (Arteixo) o 1 de xaneiro de 1869 e finado na mesma parroquia o 3 de xullo de 1940, foi un agrarista e político galego.

Traxectoria Veciño de Oseiro. Integrou na Unión Campesina ás asociacións agrarias de Arteixo, Lañas, Meicende, Oseiro, Pastoriza e Suevos. Foi vicepresidente da I Asemblea Agraria de Galicia. Foi elixido concelleiro de Arteixo en 1911, elección que foi proclamada nula pola Comisión provincial en xullo,La Voz de Galicia, 20-7-1911, p. 1. aínda que finalmente foi concelleiro e sindico de Arteixo.La Voz de Galicia, 18-3-1912, p. 1. Na Segunda República interveu nos mitins republicanos de Arteixo, como o de novembro de 1932 con Luis Cortiñas Díaz.La Voz de Galicia, 15-11-1932, p. 9 Publicou algunhas colaboracións en La Voz de Galicia.

Vida persoal Casou en Pastoriza con Genoveva Riveiro Castro e foi pai de Jesús, Clotilde e José Rey Riveiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

O benfeitor de Oreiro Manuel Rey Suárez

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Concelleiros de Arteixo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Arteixo

Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1940