miniatura|O león rampante da Liberdade, motivo característico dos anversos das moedas dos Estados Unidos de Bélxica, emitidas logo da Revolución Bravantina de 1789. A moeda dos Estados Unidos de Bélxica é a cuñada e utilizada durante a efémera existencia dos Estados Unidos de Bélxica en 1790, logo da Revolución Brabantina (1789).

Estas emisións, aínda que de curta duración, exerceron unha forte influencia numismática nas cuñaxes posteriores á independencia de Bélxica en 1830.

Contexto histórico En 1789 produciuse a Revolución de Brabante como reacción ás reformas liberais levadas a cabo por Xosé II de Habsburgo e ao dominio austríaco de Bélxica. Despois de que as forzas austríacas fosen derrotadas ante os rebeldes na Batalla de Turnhout en 1789, estas retiráronse do país e deixáronlles aos rebeldes o poder. O 11 de xaneiro de 1790, coa sinatura do Tratado da Unión, os condados e os ducados que formaran os Países Baixos Austríacos pasaron a constituír un único país: os Estados Unidos de Bélxica.Polasky, J. (2005). "The Brabant Revolution, "a Revolution in Historiographical Perception". En Revue belge d'Histoire contemporaine. 4.

O artigo 5 do devandito Tratado da Unión establecía: "só o Congreso terá a facultade de cuñar moeda nos Estados Unidos de Bélxica, e de fixar o seu título e o seu valor".Cumont, G. (1882). Páxina 627.

Moedas As moedas emitíronse en oito valores faciais diferentes, con denominacións en liards, soldos e floríns, unicamente durante a curta existencia do novo país, polo que todas elas amosan a data de 1790. Tanto as súas lendas, en latín, como a iconografía representadas nelas aluden á unidade do Estado.Cumont, G. (1882). Cumont, G. (1883).

Estes son os tipos emitidos: DenominaciónImaxesDescriciónLendaMetal e dimensións1 liard"1 Liard / 1 Oord Insurrection Coinage". Numista.com311x311pxA/: león rampante que sostén un poste da liberdade coas súas poutas.R/: lenda en catro liñas. Data no exergo.AD USUM FŒDERATI BELGII ("Para o uso na Federación de Bélxica")Cobre3,75 g22 mm2 liards"2 Liards / 2 Oorden Insurrection Coinage". Numista.com359x359pxA/: león rampante que sostén un poste da liberdade coas súas poutas.R/: lenda en catro liñas dentro de coroa vexetal. Data no exergo.Cobre7,50 g27 mm10 soldos(10 stuivers)"10 Sols / 10 Stuivers Type 1; Insurrection Coinage". Numista.com344x344pxA/: león rampante rodeado por lenda. Data no exergo.R/: man cu feixe de 11 setas, dos 11 estados (Flandres, Hainaut, Namur, Luxemburgo, Limburgo, Güeldres, Mechelen, Tournai, Tournaisis e Flandres Occidental). Lenda arredor e valor no exergo.MON. NOV. ARG. PROV. FOED. BELG. ("Nova moeda das Provincias Federadas de Bélxica").IN VNIONE SALVS ("A slvación na unión").Prata4,70 g25 mm1 florin(1 gulden)"1 Florin / 1 Gulden Type 1; Insurrection Coinage". Numista.com379x379pxPrata9,40 g30 mm3 floríns(3 gulden)(lion d'argent)"3 Florins / 3 Guldens Insurrection Coinage". Numista.com320x320pxA/: león rampante, que sostén unha espada e un escudo coa palabra LIBERTAS, rodeado por lenda. Data no exergo.R/: escudos dos 11 estados cun sol radiante no centro. Lenda arredor.DOMINI EST REGVM ("O reino é do Señor..."ET IPSE DOMINABITVR GENTIVM ("...e el terá dominio sobre as nacións") [Salmos 22:29]."A Biblia. Salmos". Abibliagalega.comPrata32,67 g41 mm14 florins(14 gulden)(lion d'or)"14 Florins / 14 Guldens Insurrection Coinage". Numista.com106x106px106x106pxOuro8,30 g25 mm

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Estados Unidos de Bélxica

Bibliografía

Cumont, G. (1882). "Les Monnaies des États-Belgiques-Unis". En Revue Belge de Numismatique. 38. Páxinas 627-633. Cumont, G. (1883). "Les Monnaies des États-Belgiques-Unis". En Revue Belge de Numismatique. 39. Páxinas 323-332.

Categoría:Moedas de Bélxica Categoría:Historia de Bélxica