Musca vetustissima é unha especie de díptero que se atopa en Australia. En Australia mesmo teñen un aceno que fan coa man para espantar esta especie de mosca, chamado "Aussie salute".
Características
É unha mosca dos excrementos que está moi emparentada coa Musca sorbens de Asia e África. Os adultos séntense atraídos por animais grandes, maiormente mamíferos, para alimentarse dos seus fluídos (saliva, suor) para nutrirse, así como polas súas feces para a oviposición. Un estudo mostrou que hai unha baixa taxa de supervivencia para os ovos e larvas desta especie nas feces do gando vacún debido ás infrecuentes chuvias. O estudo tamén mostrou que os parasitos e predadores causaron que haxa unha baixa taxa de supervivencia. Segundo un estudo, M. vetussissima pode transmitir bacterias perigosas, como Salmonella e Shigella. A maior carga bacteriana nas moscas ocorre nas zonas de granxas, mentres que nas zonas urbanas hai a menor. O número de ovaríolas nas femias probablemente ten que ver co tamaño que acade a mosca. Se as femias non obteñen proteína dietaria dabondo, a maduración dos ovos detense. Esta mosca gosta de camiñar sobre as feces humanas e as do gando vacún e parece preferir as humanas. A introdución en Australia de escaravellos peloteiros, que enterran a bosta das vacas, causou unha forte redución da mosca nalgunhas zonas.
Unha preparación estándar insecticida contra esta mosca contén pequenas cantidades de trimetilamina e indol, mesturadas con grandes cantidades de sulfato amónico e carne de anchoa, para atraela. Tamén se usan para capturala trampas orientadas ao vento. Nun estudo unha mestura de levamisol e oxfendazol mataba as larvas nas feces das ovellas.
Ciclo vital
Aparéase en gran número nas bostas de excrementos e os ovos que pon tardan 3-4 días en incubarse. As larvas atópanse en feces de grandes mamíferos (vacas, ovellas, humanos). Probablemente antes da chegada do gando en Australia a mosca utilizaba as feces do emú.Milewski, Antoni. A new perspective on our embarrassment of flies [on line]. Wildlife Australia, Vol. 53, No. 2, Inverno 2016: 21-23. . ISSN: 0043-5481. A especie aparéase na Australia subtropical, pero as migracións do insecto axudan a repoboar outras partes de Australia cada primavera.
Notas
Categoría:Dípteros Categoría:Animais descritos en 1849