Os míridos (Miridae) son unha familia grande e diversa de insectos hemípteros, antes chamada Capsidae.Henry, T. J. and A. G. Wheeler, Jr., 1988A. Family Miridae Hahn, 1833 (= Capsidae Burmeister, 1835). The plant bugs, pp. 251--507. In: Henry, T. J. and R. C. Froeschner (eds.), Catalog of the Heteroptera, or True Bugs of Canada and the Continental United States. E. J. Brill, Leiden. É a familia máis grande pertencente á suborde Heteroptera; comprende unhas 10.000 especies coñecidas, e están describíndose especies novas decote. Os míridos máis coñecidos son os que son pragas agrícolas que perforan os tecidos das plantas, aliméntanse dos seus zumes internos e ás veces transmiten enfermidades virais ás plantas. Porén, algunhas especies son predadoras.

Descrición

miniatura|Especie típica de Miridae, mostrando o cúneo no extremo do corio miniatura|Á dunha especie de Miridae, mostrando o cúneo Os Miridae son pequenos insectos terrestres, xeralmente de forma oval ou alongada que miden menos de 12 mm de longo. Moitos deles teñen un aspecto chepudo debido á forma do seu protórax, que leva a cabeza dobrada cara a abaixo. Algúns teñen vivas cores e debuxos atractivos, outros son marróns oliva apagados ou escuros, e a maioría son pouco rechamantes. Algúns xéneros son imitadores das formigas en certos estadios da súa vida. Os Miridae non teñen ocelos. O seu rostro consta de catro segmentos. Unha característica útil na identificación dos membros da familia é a presenza dun cúneo, que é o extemo triangular do corio, a parte dura e córnea da á anterior, o hemiélitro. O cúneo é visible en case todos os Miridae e nuns poucos outros Hemiptera, concretamente na familia Anthocoridae, que non se parecen moito aos Miridae noutras características. Os tarsos case sempre teñen tres segmentos.

Algunhas especies de míridos

Lygus spp., inclúe especies que son pragas do algodón, amorodos e alfalfa. Stenotus binotatus, praga menor dos cereais, especialmente do trigo Campylomma liebknechti dana os casulos florais e froitos en crecemento das maceiras. Helopeltis e Afropeltis spp., que infestan varias colleitas como o tea, cacao e algodón Diaphnocoris chlorionis dana as follas da árbore Gleditsia triacanthos. miniatura|Creontiades dilutus Creontiades dilutus, un mírido verde que dana diversas colleitas. Closterotomus norwegicus praga da pataca e allo en Nova Zelandia. Deraeocoris nebulosus prefire comer outros insectos en vez de plantas, e utilizouse como axente de biocontrol contra ácaros e insectos Coccoidea.Cornell University. College of Agriculture and Life Sciencies. Biological control - Deraeocoris nebulosus Dicyphus hesperus zuga os zumes internos de varias plantas, pero tamén depreda insectos Aleyrodidae e ácaros Tetranychus urticae e pode utilizarse para o control biolóxico de pragas.

Sistemática Esta familia inclúe un gran número de especies, moitas das cales son aínda descoñecidas, distribuídas en máis de 1300 xéneros. A árbore taxonómica comprende as seguintes subfamilias e numerosas tribos: Bryocorinae Bryocorini Dicyphini Eccritotarsini Cylapinae Cylapini Fulviini Deraeocorinae Clivinematini Deraeocorini Hyaliodini Saturniomirini Surinamellini Termatophylini Isometopinae Diphlebini Isometopini Mirinae Herdoniini Hyalopeplini Mirini Pithanini Restheniini Stenodemini miniatura|thumbtime=1:10|Oviposición de Globiceps sp. (Orthotylini) Orthotylinae Ceratocapsini Halticini Orthotylini Phylinae Hallodapini Leucophoropterini Phylini Pilophorini Psallopinae Auth.: Schuh, 1976 Isometopsallops Herczek & Popov, 1992 Psallops Usinger, 1946 †Cylapopsallops Popov & Herczek, 2006 †Epigonopsallops Herczek & Popov, 2009

Xéneros Incertae sedis BioLib inclúe:

Amulacoris Carvalho & China, 1959 Anniessa Kirkaldy, 1903 Auchus Distant, 1893 Bahiarmiris Carvalho, 1977 Brasiliocarnus Kerzhner & Schuh, 1995 Carmelinus Carvalho & Gomes, 1972 Carmelus Drake & Harris, 1932 Chaetophylidea Knight, 1968 Charitides Kerzhner, 1962 Colimacoris Schaffner & Carvalho, 1985 Cylapocerus Carvalho & Fontes, 1968 Duckecylapus Carvalho, 1982 Englemania Carvalho, 1985 Eurycipitia Reuter, 1905 Faliscomiris Kerzhner & Schuh, 1998 Fuscus Distant, 1884 Guerrerocoris Carvalho & China, 1959 Gunhadya - monotypic Gunhadya rubrofasciata Distant, 1920 Heterocoris Guérin-Ménéville in Sagra, 1857 Knightocoris Carvalho & China, 1951 Leonomiris Kerzhner & Schuh, 1998 Macrotyloides Van Duzee, 1916 Merinocapsus Knight, 1968 Mircarvalhoia Kerzhner & Schuh, 1998 Montagneria Akingbohungbe, 1978 Muirmiris Carvalho, 1983 Myochroocoris Reuter, 1909 Nesosylphas Kirkaldy, 1908 Notolobus Reuter, 1908 Nymannus Distant, 1904 Paracoriscus Kerzhner & Schuh, 1998 Paraguayna Carvalho, 1986 Prodomopsis TBD Prodomus TBD Pseudobryocoris Distant, 1884 Pygophorisca Carvalho & Wallerstein, 1978 Rayeria TBD Rewafulvia Carvalho, 1972 Rhynacloa Reuter Rondonisca Carvalho & Costa, 1994 Rondonoides Carvalho & Costa, 1994 Rondonotylus Carvalho & Costa, 1994 Spanogonicus Berg Sthenaridia TBD Zoilus Distant, 1884

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Google books preview

Ligazóns externas PBI Plant Bug Index Ligazón ao libro de Al Wheeler sobre a bioloxía dos míridos Investigación sobre os míridos da Universidade de Southern California en UC Riverside Garden fleahopper da Universidade de Florida / Instituto de Ciencias Agrícolas e Alimentarias na páxina web Featured Creatures

Categoría:Hemípteros