Bernaldo Souto Romero, nado en Ribadavia o 18 de xuño de 1913 e finado en Buenos Aires nos anos noventa, foi un escritor e político galego.

Traxectoria Emigrou a Buenos Aires en 1928, e con 16 anos incorporouse á Sociedade Nazonalista Pondal. Colaborou na prensa galega da Arxentina. Integrouse na Irmandade Galega de Bos Aires. Formou parte da comisión de prensa de A Nosa Terra.A Nosa Terra, xullo-1963, p. 2. Traduciu o Martín Fierro de José Hernández ao galego,Martín Fierro na Biblioteca da Tradución Galega. que publicou en Edicións Anxel Casal. Nos anos oitenta colaborou en Pátria Galega.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas , Consello da Cultura Galega. "Tradutor de Martín Fierro" (2/11/2015). El Correo Gallego

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Poetas en lingua galega