EgyptSat 1 ou MisrSat 1 foi un satélite artificial exipcio lanzado o 17 de abril de 2007 mediante un foguete Dnepr desde o cosmódromo de Baikonur.
Características EgyptSat 1, xestionado pola Autoridade Nacional para a Observación Remota e Ciencias Espaciais e construído entre esta e a Oficina de Deseño Yuzhnoye de Ucraína, foi o primeiro satélite exipcio de observación da Terra. O satélite estaba baseado no bus MS-1TK e levaba a bordo unha cámara infravermella, unha cámara multiespectral e un sistema de comunicacións de tipo "almacenar e enviar". A resolución da cámara multiespectral era de 7,8 m e a de infravermellos, de 39,5 m. O 19 de xullo de 2010 perdeuse o contacto co satélite ao fallar as comunicacións en banda S. Ata o momento o satélite obtivera unhas 5000 imaxes.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Dnepr EgyptSat 2 EgyptSat A
Categoría:Satélites artificiais