Antonio Alonso Pérez, nado en Pacios (Nogueira de Ramuín) o 20 de decembro de 1898 e finado en Buenos Aires o 16 de marzo de 1985, foi un xoieiro e político galego.
Traxectoria Aos dous anos morreu a súa nai Magdalena e Antonio pasou a criarse cos avós. En 1906 o seu avó José foi desterrado polas súas ideas políticas. Tivo que poñerse a traballar. Emigrou á Arxentina na segunda década do século XX. Instalouse en Buenos Aires e traballou como xoieiro. Foi cofundador co seu curmán José María López do Centro Cultural de Nogueira de Ramuín en 1918. Posteriormente fundou a Sociedad Federada de Nogueira de Ramuín da que chegou a ser presidente en 1935. Con esta sociedade integrouse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. Home dialogante, as súas xestións fixeron posible a unificación das dúas Federacións enfrontadas e a constitución da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina en 1937, da que foi elixido secretario xeral. Foi un dos creadores da Central Gallega de Ayuda a la República e inspirador da Coordinadora de Organismos Republicanos. Foi tesoureiro da comisión que organizou o Congreso da Emigración Galega en 1956. Foi nomeado secretario xeral de coordinación do novo Consello de Galiza constituído en 1960.Cartas de Antonio Alonso Pérez a Luis Jiménez de Asúa (Buenos Aires, 04-09-1967/ 20-10-1967) Finou en Buenos Aires o 16 de marzo de 1985.
Vida persoal
Foi pai de Carlos Alonso
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Antonio Alonso, o home tranquilo que lle deu unha segunda vida ao Consello de Galiza na emigración
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Nogueira de Ramuín Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes