Samuel Merino Gómez, máis coñecido como Pompa e Boato, nado en Mos en 1982, é un poeta galego.

Traxectoria Licenciouse en Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Ten realizado recitais-concerto por toda Galiza, moitas veces acompañado do músico Fernán Permuy. Reside no Porriño.

A súa obra, de carácter reflexivo e autorreferencial, toma corpo na oralidade secundaria dos recitais e en breves presentacións que transitan do teatro á performance.

Con Silvia Penas Pompa e Boato en 2025 representou De rota raposa.

Obras En galego Guantanamera. Poema nun só acto (1ª ed. 2021; 2ª ed. 2022). Editora Urutau. ISBN 978-65-5900-126-2 Claustro corda comensal (2023). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-159-8.Recitando un poema de Claustro corda comensal na Libaría Paz de Pontevedra o 18/01/2024. Manual de camuflaxe (2025). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-694-8. ePub: ISBN 978-84-1110-707-5.

En castelán Enésima patada con amor (2019). Tranforma. ISBN 978-84-09-16880-4 Trementina (2021). Talón de Aquiles. ISBN 978-84-18394-57-7

Bilingüe Con esta hoz / Con esta fouce (1ª e 2ª ed. 2023). Disbauxa Editorial. ISBN 978-84-127077-0-0.Audiolibro Con esta fouce (Ruín Alteredicións) Recoñecementos XIII Premio de poesía Manuel Lueiro Rey por Manual de camuflaxe. 2025: VII Premio Nacional de Poesía Viva L de Lírica. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web Pompa e Boato Entrevista Zigzag diario, Televisión de Galicia. "A poesía con fouciño de Samuel Merino" (6/6/2023). Diario Cultural, Radio Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega

Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Mos

Categoría:Nados en 1982