Barreiros é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE en 2014 tiña 2994 habitantes (3244 no 2009, 3291 no 2006, 3294 no 2005, 3278 no 2004, 3323 no 2003). O xentilicio é ou .

Xeografía O concello ten 72,4 km². Limita ó leste con Ribadeo, ó sur con Trabada e Lourenzá e ó oeste con Foz.

Hidrografía A parte occidental do concello está bañada polo río Masma e a ría de Foz en que desemboca, así como polos pequenos regatos que desaugan neles. O resto de cursos fluviais do concello son curtos e desembocan directamente no mar Cantábrico. Unicamente o rego de Portobragán (formado pola confluencia do rego de Cambite e o rego da Fórnea) e mailo Rego das Teixeiras (ou dos Gambitos), na parroquia de Vilamartín Pequeno, pertencen á conca da ría de Ribadeo.

Praias O litoral de Barreiros repártese entre os 8 km de cornixa cantábrica e os preto de 4 km que constitúen a beira oriental da ría de Foz. Aga a praia de Anguieira, que está na ría, os areais barreiregos dan en mar aberto. De oeste a leste, estes son o do Altar, San Bartolo e Remior na parroquia de San Cosme; Coto, Balea, Fontela e Lóngara en Benquerencia; A Pasada en San Miguel de Reinante; Arealonga entre San Miguel e Santiago de Reinante; e Moledo en Santiago de Reinante. miniatura|Casa de indianos en Barreiros.

Demografía Censo total 2014 2994 habitantes Menores de 15 anos 236 (7,88 %) Entre 15 e 64 anos 1764 (58,92 %) Maiores de 65 anos 994 (33,2 %)

Cultura

Toponimia Deriva de barro, voz de orixe prerromana, co sufixo -eiro (< lat. -ARIU) e refírese ós lugares dos que se extrae o barro ou nos que hai obradoiros para traballalo.

Patrimonio En San Miguel de Reinante están a capela de Santo Estevo do Ermo e o monte Comado, onde se pode practicar paracaidismo. Na mesma parroquia celébrase o Festival Internacional Folclórico do Emigrante a primeira fin de semana de agosto.

miniatura|Fervenza en Sto. Estevo do Ermo

No mesmo contorno de Santo Estevo está a fervenza homónima, conectada coa ermida e varias fontes por unha ruta a pé.

En 2022 abriuse Benquerencia no tempo, exposición etnográfica permanente no Canteiro, San Pedro de Benquerencia.

Barreiros na cultura popular Dígoche Sabela que o deño non dorme, embarquei pra Laxe fun quedando en Cosme.

(Refírese a San Cosme de Barreiros)

Galería de imaxes

Parroquias miniatura|Mapa coas parroquias do concello

Lugares de Barreiros Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Barreiros vexa: Lugares de Barreiros.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Barreiros

Ligazóns externas Toponimia de Barreiros

Categoría:Barreiros Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía